A Estrada, 21 de xaneiro do 2017 (fonte BNG Ordes) – O BNG, que acaba de recibir todas as propostas que presentaron os partidos da oposición, denuncia que o Partido Popular, que goberna o concello da Estrada, non presente ningún proxecto ao EDUSI, “A Estrada Social e Sostíbel 2020”, que xestionará preto de seis millóns de euros de fondos europeos.
O BNG explica que “Se é a participación social é un dos eixos vertebradores deste proxecto, é moi estraño que o partido do goberno non teña un proxecto para a Estrada de 2020, o que nos fai sospeitar que o PP xa camuflou as súas propostas dentro da proposta inicial presentada, aproveitando o formulario web aberto a todos os veciños e veciñas”.
O BNG continúa “Se isto é así, ese comportamento só pode ser cualificado de covardía política por parte dun partido que non é quen de dar a cara e confrontar as propostas publicamente como facemos os demais partidos políticos, demostrando ademais que o PP non ten proxecto para A Estrada, ten unha serie de parches que vai improvisando segundo conveña, como por exemplo o das marquesinas amigables, algo completamente inútil que só servirá para dilapidar os cartos públicos”.
O BNG presentou o seu proxecto dentro do estreito marco de actuación que marca a Unión Europea. Para o BNG o marco urbanita que non se adapta ao concello, eminentemente rural e extenso, coas súas particularidades e especificidades. O BNG cré que “este proxecto que se di Social e Sostíbel non se fixo precisamente para dinamizar o agro e gandeiría, senón para poñer disparates como as marquesinas ambigables“.
Por outra parte, o BNG ve con preocupación o desleixo do goberno municipal con respecto ao proxecto EDUSI. Se a principios deste mes de xaneiro había moita presa para que se presentaran os proxectos antes do 9 de xaneiro aínda non se convocou a comisión estratéxica para analizar os proxectos presentados.