Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Padrón
  • Xeral

Reclaman un plan de investigación e posta en valor de Castro Valente

O Bloque Nacionalista Galego reclama da Xunta de Galicia a posta en valor do Castro Valente cun plan de investigación e unha escavación ante a ameaza dos eólicos.
Castro-Valente-excavacion-1236-slide_r

Bisbarra, 3 de marzo do 2023 – O Bloque Nacionalista Galego reclama da Xunta de Galicia a posta en valor do Castro Valente cun plan de investigación e unha escavación ante a ameaza dos eólicos.

O BNG mantivo unha reunión sobre Castro Valente na que participaron as deputadas Iria Carreira e Montse Prado e o deputado Luís Bará, a portavoz municipal en Padrón, Bea Rei, a portavoz na Estrada, Susana Camba, o candidato nacionalista á alcaldía da Estrada Xoán Reices e militantes da organización dos dous concellos.

A reunión, que tivo lugar en Herbón próximo ao xacemento arqueolóxico, tivo como obxectivo avaliar as accións a levar a cabo en relación co parque eólico de Castro Valente. Os nacionalistas demandan da Xunta que denegue a autorización do proxecto de Iberdrola. situado nos concellos de Padrón e A Estrada, que conta con declaración de impacto ambiental favorábel e está pendente de aprobación polo goberno galego.

A delegación nacionalista escolleu para esta xuntanza a igrexa románica de Santa María de Herbón por tratarse dun Ben de Interese Cultural que se ve afectado polo impacto visual do parque eólico, tal como recoñece o informe do Instituto de Estudos do Territorio. Este organismo propón a instalación dunha pantalla vexetal para protexer o ben, solución absolutamente disparatada e irrealizábel.

O  BNG considera absolutamente inxustificado e aberrante que nos informes da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural non se faga referencia ao xacemento arqueolóxico de Castro Valente e aos impactos que tería a construción do polígono eólico nesta fortificación datada entre finais da época romana e a Alta Idade Media.

Segundo o grupo nacionalista, as investigacións e prospeccións recentes dirixidas polos arqueólogos Mario Fernández Pereiro e José Carlos Sánchez Pardo confirman a relevancia e interese do xacemento de máis de 10 hectáreas rodeado por una monumental muralla de máis de 1,2 km de lonxitude. Un dos aspectos máis destacados deste recinto único é o seu emprazamento e o control visual sobre a Depresión Meridiana e o Val do Ulla, valores que resultarían moi afectados pola construción do polígono eólico.

Atendendo a todas estas consideracións, o BNG acordou desenvolver unha campaña para evitar a aprobación deste proxecto que tería un elevado impacto nos valores históricos e patrimoniais da contorna. Nesta liña, rexistraranse iniciativas nos concellos e no parlamento galego para demandar que a Xunta denegue a autorización do parque eólico polas deficiencias do trámite de avaliación ambiental e polo impacto crítico no xacemento arqueolóxico de Castro Valente e na súa contorna de protección.

Ademais, o grupo nacionalista demanda á Xunta que impulse e financie, en colaboración co sistema universitario galego, un proxecto para a investigación, prospección arqueolóxica, conservación e divulgación do xacemento arqueolóxico de Castro Valente.

Post navigation

Previous: A recollida de lixo volve a ser protagonista no pleno de Teo
Next: Conversa con Ana Garrido, Xefa de Protocolo do Concello de Santiago

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.