Ordes, 19 de xullo do 2017 – O BNG de Ordes ven de denunciar que ao pouco de chegar a alcaldía José Antonio Martínez Sanjurjo solicitou que o concello fora incluido na revisión catastral.
Según explica o BNG o pasado 27 de agosto de 2015, o alcalde solicitou á xerencia rexional do Catastro que o Concello de Ordes fose incluído pola “Dirección Xeral do Catastro” no procedemento de regularización catastral 2014-2017.
O portavoz nacionalista, Pablo Vidal, acusa ao alcalde de “enganar á veciñanza cando en campaña electoral lles estaba a prometer unha baixada do 10% na contribución, traizoándoa tan só un mes despois da súa investidura como alcalde de Ordes”.
Segundo Vidal, “estase a demostrar que o alcalde nunca tivo interese en baixar o IBI, rexeitando as nosas propostas para conxelar a suba, e mesmo solicitando a aplicación do catastrazo en Ordes nas súas primeiras accións de goberno”.
