A Estrada, 4 de maio do 2017 – O BNG de A Estrada solicitará ao concello que se forme aos veciños para o uso da administración electrónica.
O BNG recoñece nun comunicado que “a administración dixital permitirá unha xestión máis proactiva e de maior calidade, ao tempo que máis áxil, facilitando aos veciños e veciñas a apertura de expedientes en calquera momento do día, sen as restricións horarias que sempre tivo a administración” pero explica que existe unha necesidade de que se forme aos veciños nos uso de estas novas ferramentas.
Para o BNG de A estrada “haberá sen dúbida persoas que non teñan problemas á hora de manexarse coas novas tecnoloxías, que non teñan dificultades á hora de abrir un expediente a través do portal dixital do concello. Pero tamén sabemos que haberá un importante número de veciños e veciñas que haberá que formalos para que as novas tecnoloxías cheguen a todas e todos. A fenda dixital non só está na infraestrutura ou no prezo, tamén está na formación e o concello debe poñer os medios para romper esa barreira que afecta a non poucos veciños e veciñas”.
Por estas razón o BNG solicita que o concello poña en marcha cursos de alfabetización dixital entre os veciños e advirte que si a administración electrónica será a única que se use a partir de agora moitos cidadáns quedarán fora do acceso a estas xestións.