Bisbarra, 2 de outubro do 2023 – O deputado do BNG Nestor Rego rexistrou unha serie de preguntas no Congreso dos Deputados sobre a seguridade vial na N-640 ao seu paso polo concello da Estrada.
O BNG lembra que desde o 2019 ata actualidade houbo 8 accidentes na N-640 ao seu paso pola Estrada, 6 deles no casco urbano e en 2 casos con resultado de morte. Os nacionalistas explica que a pesar de estas cifras o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana respondeu que non ten ningún tramo da N-640 entre Pontevedra e Lugo como Tramo de Concentración de Accidentes (TCA).
O goberno do estado tamén engade que fai “un seguimento continuo da sinistralidade nas estradas das súa titularidade” e deste seguimento continuo e análise da seguranza vial, se derivan as actuacións necesarias”. Para o BNG isto quere dicir “que non realizou ningunha actuación para mellorar a evidente falta de seguranza vial na N-640 ao seu paso polo noso concello”.
Os nacionalistas engaden “cantos accidentes e cantos veciños e veciñas teñen que morrer atropelados para que o Ministerio tome medidas na N-640 ao seu paso polo noso concello? Está claro, que de momento non son suficientes, o que demostra a falta de sensibilidade e a irresponsabilidade dos partidos que forman parte do goberno estatal”.
A Variante
Néstor Rego tamén se interesou pola Variante. A resposta do Ministerio indica que está pendente de licitar “a asistencia técnica para a redacción do proxecto que deberá ser sometido previamente á tramitación ambiental vixente”. Unha resposta que para o BNG que dicir “que polo momento non toca”.