Compostela, 30 de marzo do 2023 – O BNG de Santiago de Compostela ven de denuncian que as axudas de cultura do ano 2022 aínda non foron abonadas ás asociacións e profesionais.

A portavoz municipal Goretti Sanmartín lembra que as bases prevían un anticipo do 80% do importe concedido e que o 20% restante sería abonado logo da xustificación “mais non cobraron nin unha nin outra, o que evidencia a pésima forma de xestionar e un engano para quen adiantou ese diñeiro para realizar espectáculos artísticos e culturais”.
En total, son máis de 400.000 euros de axudas que tanto as asociacións como profesionais deste sector están pendentes de recibir desde que rematou o prazo de xustificación a 31 de xaneiro de 2023. Goretti engade que “O BNG está a recibir queixas de que, a finais de marzo, aínda non cobraron estas axudas, nin o anticipo nin a segunda parte, co prexuízo que causa ter que adiantar fondos, ademais do traballo realizado e do tempo investido para contribuír á dinamización cultural en Santiago de Compostela”.
O BNG preguntará no Pleno de hoxe en que prazo ten previsto o Goberno local entregar a totalidade do importes destas axudas ás asociacións e ao sector profesional cultural correspondentes ás actividades desenvolvidas en 2022.
