Bisbarra, 27 de febreiro do 2023 – Este domingo disputouse a última etapa da volta ciclista O Gran Camiño, a substituta de feito da antiga Volta a Galicia, pasando pola bisbarra de Compostela.
O Gran Camiño preparou una etapa cronometrada que partiu do Polígono Novo Milladoiro, en Ames. A maior parte discorreu por Teo, coa esixente subida de Montouto, para chegar a Santiago onde, entre outros tramos, os corredores enfrontáronse á rúa do Castrondouro.
Os 18 quilómetros fixéronse curtos para o gañador da etapa, e da volta, o tamén gañador do Tour de Francia Jonas Vingegaard do Jumbo Visma. Como exemplo dicir que recuperou os dous minutos cos que saía diante del Rubén Guerreiro do Movistar Team, entrando na meta a 4 segundos do español.
Foi en todo caso unha oportunidade para ver a ciclistas de primeiro nivel nun entorno polo que pasamos a diario. O Gran Camiño parece consolidarse en esta segunda edición como unha das probas importantes no panorama nacional. Galicia sempre foi unha fonte de grandes ciclistas e conta con abundantes clubs con milleiros de ciclistas federados en todas as categorías.