Bisbarra, 9 de xaneiro do 2024 – Percorrer a Vía Verde Compostela Tambre Lengüelle desde o salón de casa, ou desde calquera parte do mundo, será unha realidade grazas a Google Street View.

O software de Google permite aos usuarios percorrer calquera, ou case, parte do mundo desde a pantalla do ordenador ou do móbil. A Vía Verde está rematando os traballos para que poida ser incorporada ao servizo e conseguir unha visibilidade global.

Técnicos da Fundación de Ferrocarriles Españoles (FFE) traballaron sobre o terreo para dixitalizar a Vía Verde, incluíndo o viaduto de comezo desde Oroso e as estacións de Ordes e Cerceda. Algo posible grazas á subvención concedida á asociación de concellos pola Deputación de Coruña.
A presenza do percorrido no Google Street View servirá de impulso para a Vía Verde, xa que é habitual a consulta dos trazados por parte de turistas e deportistas, xa sexan ciclistas, afeccionados a correr ou a facer andainas.
Os concellos de Oroso, Ordes, Cerceda, Tordoia e Santiago de Compostela traballar desde hai máis de dous anos no impulso deste proxecto turístico auténtico e singular, co apoio da Deputación da Coruña
As obras do último tramo da Vía Verde, de Santiago a Oroso, avanzan a bo ritmo rescatando do esquecemento o patrimonio cultural ferroviario, aproveitando o enorme potencial destas infraestruturas en desuso.