Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O transporte escolar, un conflito que vai a máis

Os problemas de transporte escolar tomaron vacacións como os cativos pero co comezo do curso lonxe de solucionarse parecen crecer.
teo-transporte-escolar-slide-14-setembro-2022_r

Bisbarra, 14 de setembro do 2022 – Os problemas de transporte escolar tomaron vacacións como os cativos pero co comezo do curso lonxe de solucionarse parecen crecer.

O mes de xuño remataba con queixas en varios concellos da bisbarra e con situacións surrealistas como o uso de vehículos de aluguer para substituír aos buses tal e como contabamos en este artigo. A parlamentaria socialistas Noa Díaz levará a cuestión ao Parlamento de Galicia este venres.

Demanda de informe e inspeccións

Díaz levará á cámara galega os problemas no transporte escolar dos concellos de Teo, A Baña, Negreira, Dodro e O Pino. Demanda un informe de “inspección de rutas, horarios, parladas e vehículos dispoñibles”. Por outra banda reclamará que as concesionarias cumpran de xeito íntegro os contratos.

Díaz denuncia o desleixo da Xunta e explica que a situación provocou que os nenos e nenas perderan tempo das súas clases nas primeiras xornadas do curso, ademais da “inseguridade constante que provocan nas familias”, obrigadas a agardar na rúa polo transporte.

A policía local de Teo realiza inspeccións

A situación no concello de Teo provocou tantas queixas que este martes a Policía Local realizou inspeccións nos autobuses do IES de Cacheiras para “comprobar a situación na que se fai o traslado dos rapaces e garantir a seguridade de todos eles”.

Noa Díaz tamén pon como exemplo ao concello de Teo. Explica que “houbo liñas que directamente non chegaron, deixando a decenas de rapaces e rapazas nas paradas. Outras liñas pasaron polas paradas cunha hora de retraso, e mesmo houbo casos nos que a concesionaria enviou furgonetas VTC no lugar dos buses”.

Unha usuaria do IES de Cacheiras preguntábase nas redes sociais “por que teño que saír do traballo para levar ao meu fillo ao instituto si hai bus escolar?”.

Outros concellos

A parlamentaria socialistas explica tamén que “en A Baña a ruta chegou tarde e con moitos rapaces e rapazas de pé, xa que o vehículo que enviaron era de 20 prazas para unha liña utilizada por 30 menores”. No Concello de Dodro, engade, “o autobús que leva aos escolares a Padrón chegou tarde”, mentres no Concello de O Pino, a liña que empregan os estudantes para achegarse aos institutos de Santiago “fixo a ruta cunha hora de retraso”.

Noa Díaz advirte de que “sabemos que a moitos dos condutores e condutoras dos autobuses desas liñas lles comunicaron as rutas pasadas as once da noite do día anterior, e ademais moitos deles descoñecían os lugares polos que discorren”.

Post navigation

Previous: Negreira nomea ao auditorio municipal como “Afonso Eanes do Cotón”
Next: Remata o proxecto Erasmus + Entering de CIG Economy no que participou o concello de Vedra

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.