Bisbarra, 5 de setembro do 2019 – Os concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra organizan, coa colaboración da Deputación da Coruña, a Ruta do Románico de Barcala e Dubra.
A visita ao románico de estes concellos terá lugar este próximo sábado día 7. Serán catro as visitas que se realizarán pudendo acudir en coche particular o no autobús que os concellos poñen a disposición dos asistentes. As igrexas de Santa María de Paramos, Santa Baia de Lañas, Santa María de Portor e San Pedro de Gonte serán as protagonistas de este roteiro.
A inscrición é gratuita e estará aberta ata mañá venres as dúas da tarde. Só hai que chamar ao teléfono 650 79 69 56 ou acudir a caseta de turismo de Negreira, sita na avenida de Santiago, no horario de 11 a 14 h e de 16 a 19 h. As prazas de autobús son limitadas.
O horario de saídas do autobús será o seguinte:
– Centro de saúde de Negreira: 09:30 h
– Parada de autobús de Ceilán (A Baña): 09:45 h
– Igrexa parroquial de Paramos (Val do Dubra): 10:00 h
Ao finalizar a ruta, o autobús repetirá o percorrido para deixar as persoas participantes no seu lugar de saída.
Un turismo en alza na bisbarra
Rematado o mes de agosto, pasaron polo punto de información turística de Negreira 1608 persoas. Este é o cuarto mes consecutivo no que se superan as 1000 persoas atendidas, e supón o mes con maior afluencia.
Polo xeral, a meirande parte das persoas solicitan o selo da credencial e piden información sobre o Camiño e o aloxamento, ademais de que ver en Negreira e determinados servizos da vila. A franxa de idade con maior presenza é entre os 35 e os 60 anos, con case a metade. No que respecta ao sexo, as cifras están equilibradas no 50%. Sobre o 95% das persoas atendidas na caseta veñen por primeira vez a Negreira. En torno a 8 de cada 10 persoas veñen a pé, e o resto repártense entre os que viaxan en coche/autobús e en bicicleta.
Os países emisores que máis presenza tiveron en agosto despois de España son, por esta orde, Italia, Portugal, Francia e Alemaña, mentres que as provincias con maior protagonismo son Madrid, Barcelona, Valencia e a propia provincia da Coruña.
Por outra banda, o programa de roteiros guiados Verán no Tambre, levado a cabo nos concellos de Negreira, Val do Dubra e A Baña durante o mes de agosto, supuxo a cifra de 130 participantes entre as 3 citas. O vindeiro 7 de setembro, os tres concellos volverán colaborar no ámbito do turismo para realizar a Ruta do Románico, na que as persoas inscritas poderán viaxar no autobús de xeito gratuíto para coñecer catro igrexas do románico rural galego: Santa María de Paramos, Santa Baia de Lañas, Santa María de Portor e San Pedro de Gonte.