Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Xeral

Vagalumes organiza o roteiro Coto

vagalume roteiro coto xesteira SLIDE 2 xunho 2025

A xornada desenvolverase no monte Xesteiras no que Manuel Coto Chan, que da nome ao roteiro, tivo que sobrevivir tras o comezo da guerra civil.

O vindeiro sábado 7 de xuño, o monte Xesteiras converterase no epicentro da memoria histórica da nosa comarca coa celebración do roteiro Coto.

Esta iniciativa busca revivir a dura experiencia de Manuel Coto Chan, un veciño da Estrada, natural de Cuntis, que se viu obrigado a fuxir e vivir na clandestinidade no monte Xesteiras a partir do golpe de estado de 1936.

Coto Chan, natural da parroquia de Couselo, plasmou a súa dura historia no caderno “Memorias dun proscrito”, un testemuño imprescindible sobre a supervivencia e a resistencia nun dos períodos máis escuros da nosa historia recente.

A xornada, que promete ser unha profunda inmersión na memoria democrática, arrancará ás 10:00 horas da mañá dende a antiga Casa Escola de Couselo, en Cuntis. Dende alí, os participantes emprenderán unha ruta que os levará polos lugares clave na vida de Coto Chan como fuxido.

Un dos puntos máis significativos será a coñecida como “Pedra de Coto”*, un refuxio natural onde se protexía das partidas facciosas que o perseguían. Durante o percorrido, faranse paradas estratéxicas na casa que lle deu acubillo e noutros puntos de interese directamente relacionados coas súas memorias, permitindo aos asistentes conectar coa crúa realidade que viviu.

O monte Xesteiras, testemuña silenciosa de moitas destas historias, adquire así un papel protagonista. Este espazo natural, coñecido hoxe polas súas paisaxes e sendeiros, foi para moitos, coma Manuel Coto, un lugar de supervivencia e resistencia fronte á represión. O roteiro ofrecerá a oportunidade de coñecer non só a historia persoal de Coto Chan, senón tamén a realidade social e política da época en Galiza.

Ao finalizar o percorrido, os asistentes recibirán un exemplar do libro “Memorias dun proscrito”, unha obra fundamental para entender a represión franquista dende a perspectiva dos que a sufriron. A presentación do libro e o peche da xornada contarán coa intervención dos seus coautores: Marcos Borrageros, Adrián Coto (bisneto de Manuel Coto Chan) e David Otero. Eles achegarán máis detalles sobre a vida de Manuel Coto, o proceso de recompilación das súas memorias e o contexto histórico da época.

Esta iniciativa, organizada pola asociación cultural “Vagalumes” conta coa colaboración da veciñanza de Couselo, busca non só honrar a memoria de Manuel Coto Chan, senón tamén manter viva a lembranza de todas as persoas represaliadas e promover o coñecemento dun período fundamental para comprender a nosa identidade como pobo.

Anímase a toda a cidadanía a participar neste roteiro para coñecer de primeira man unha parte da nosa historia que non debe ser esquecida. Recoméndase levar calzado e roupa axeitada para a camiñada.

Post navigation

Previous: O Museo do Pobo Galego presenta a programación de xuño
Next: Os orzamentos de Padrón vinculados a unha cuestión de confianza

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.