займ срочно

A Deputación da Coruña motor dos coworking da bisbarra

0

Bisbarra, 23 de xaneiro do 2023 – O modelo de emprendemento baseado nos coworking comeza a dar os seus froitos. O apoio da Deputación da Coruña foi fundamental no desenvolvemento dunha rede que crece cada día.

A rede de coworking da Deputación da Coruña conta na actualidade con once centros. O Plan de Emprego da Deputación (PEL) apoia e nútrese de esta rede que desenvolve proxectos en áreas como as de alimentación, arquitectura, audiovisual, artesanía ou software.

Ames, Brión e Vedra son tres exemplos do conseguido. A Proa, Daqui Darredor e A Estación son centros xa consolidados que evolucionaron ata conseguir nichos de emprendemento únicos en Galicia, como no caso de Brión, ou cara a un modelo de aceleradora como en Vedra. Imos coñecer mellor a rede da Deputación por medio de estes tres espazos.

A Proa

Situado na entrada do Polígono Novo Milladoiro, A Proa busca especializarse no sector audiovisual e tecnolóxico e aspira a ser clave na transformación socioeconómica do municipio.

Dispón de 39 módulos de traballo para persoas emprendedoras e as solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica do Concello de Ames. Na actualidade hai 28 empresas traballando aquí e proximamente incorporaranse cinco máis.

Ana Belén Paz García é a concelleira de promoción económica de Ames, explícanos o tipo de empresas que traballan na actualidade na Proa

Paz explica que este modelo de emprendemento permite que a veciñanza acceda a unha serie de servizos que doutro xeito non poderían afrontar. Algo fundamental nos comezos de calquera negocio.

Daquí Darredor

O coworking de Brión é posiblemente o máis avanzado en canto a resultados. A aposta pola transformación alimentaria atopou un nicho exclusivo xa que é único en Galicia. Mostra disto é que un dos usuarios ven desde Vigo para facer crema de cacahuete xa que na súa contorna non dispón dos equipamentos necesarios.

O centro elabora xa 29 produtos distintos como zumes de froitas, marmelo, patés, salsas, cremas de verduras ou kétchup. Os venres comezou ademais a funcionar un mercado no que venden estes produtos e cada mes son máis os expositores e os compradores.

Dora Vieiro foi ata fai pouco axente de desenvolvemento local no concello e agora segue sendo parte do coworking. Explícanos que están enfocados na produción de produto ecolóxico e local,

O de Brión é un coworking con resultados xa alcanzados debido en parte a que foron os veciños, que xa vendían os produtos en fresco, os que demandaban un espazo onde, ademais, poder transformalos e dar o seguinte paso. O movemento a favor da produción ecolóxica xa crecía antes da pandemia pero a partir de aí a demandan aumentou

A Estación

A Estación é o máis singular. O edificio da vella estación de tren de Santa Cruz de Rivadulla e un dos vagóns construídos para o mundial do 82 posibilitan espazos de traballo únicos en este tipo de centros e que axudan á concentración pola tranquilidade da contorna.

Consta de dous espazos de traballo, dúas salas de reunións, unha aula de formación unha zona coworking con ata dez postos fixos, un pequeno auditorio e un espazo multiusos. O lugar é eficiente enerxeticamente ao nutrirse de enerxía solar e o vagón foi galardoado nos Premios Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020, nos Red Clima e nos premios PEL da Deputación.

José Caldelas Gonzalez e o concelleiro de Promoción económica, Emprego e Formación de Vedra. Explícanos que o proxecto naceu hai uns anos pero que nos últimos meses, co apoio da Deputación, conseguiuse avanzar cara a un modelo hibrido entre coworking e aceleradora empresarial

Un modelo que ten especial relevancia en concellos como o de Vedra, situados nunha contorna claramente rural

Un modelo de éxito

Os coworking son un modelo de éxito, en boa medida grazas ao apoio da Deputación que é o enlace entre as empresas máis locais, e os concellos máis pequenos, e os investimentos máis importantes.

Emprendedores e concellos non poderían, na maioría dos casos, impulsar centros de traballo como os coworking. Os de Vedra, Brión en Ames, na bisbarra de Compostela, son uns dos mellores exemplos que se poden atopar en Galicia.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies