Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Comeza o reparto de mascarillas na bisbarra

frades-mascarillas-slide-13-abril-2020_r

Bisbarra, 13 de abril do 2020 – Coa volta ao traballo de algúns servizos non esenciais os concellos comezan o reparto de mascarillas en estradas e paradas de autobús.

Grupos de protección civil e policías locais situaranse hoxe nas principais estradas para entregar as mascarillas e comprobar os xustificantes dos conductores.

Frades porá mascarillas a disposición da veciñanza no Concello de en horario de 9:00 a 14:00 horas. En caso de que a persoa non poida desprazarse, achegaránselle a casa (previa chamada ao 981 695 567).

Trátase de mascarillas sanitarias de 1 solo uso: 720 cedidas pola Xunta de Galicia e que están a utilizar as persoas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e 200 que entregará hoxe a Delegación De Goberno para as persoas que teñan que desprazarse. Frades ten tamén mascarillas de tela reutilizables, feitas por persoas voluntarias en colaboración coa Mancomunidade de Ordes.

En Ames hoxe e mañá repartiranse mascarillas nas principais vías de saída de Bertamiráns e do Milladoiro, na entrada do polígono Novo Milladoiro e en catro paradas de autobús. Farase de 7.00h a 9.00 horas por parte dos membros da Agrupación de Protección Civil e mailos axentes da Policía Local e da Garda Civil. As mascarillas foron enviadas por parte do Goberno do Estado, a través da Delegación do Goberno en Galicia.

 Por outra banda, os/as integrantes da Agrupación de Protección Civil de Ames encargaranse de repartir as mascarillas entre as persoas que teñan que acudir a traballar en transporte metropolitano. En Bertamiráns repartiranse mascarillas na parada de autobús que está situada na intersección da avenida da Maía coa rúa Alcalde Lorenzo (diante da xoiería Azabache) e tamén na última parada de autobús que hai na avenida da Maía dirección Santiago de Compostela (a que está en fronte ao establecemento Q`Como?).

 No Milladoiro o reparto de mascarillas tamén se realizará en dúas paradas de autobús. Na que está situada na intersección da avenida de Rosalía de Castro coa rúa Figueiras dirección Santiago de Compostela e na última parada que hai na avenida de Rosalía de Castro dirección Santiago de Compostela, xunto antes da pasarela peonil sobre a avenida de Rosalía de Castro.

Teo tamén informa que a partires das 07:00 horas de hoxe luns, mediante controis ubicados nas rotondas de Cacheiras e de Os Tilos, a Policía local, xunto coa Garda Civil de Ames e Protección Civil, vai repartir mascarillas a todas e todos aqueles que se despracen ao seu posto de traballo, tanto en transporte público como no seu vehículo particular, xustificando o citado desprazamento.

Oroso repartiu durante os últimos días a persoas maiores e colectivos vulnerables. O reparto continuará hoxe.

En outros concellos tamén se entregarán mascarillas esta semana aínda que non temos datos confirmados.

Post navigation

Previous: A  Nave 5 abre na rede para celebrar o día do bico
Next: Brión adquire un canón de ozono portátil para limpeza e desinfección

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.