Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Ames
  • Compostela
  • Ribeira
  • Xeral

Compostela, Ames, A Estrada e Ribeira  reciben máis de 22 millóns de fondos Feder

compopstela fondos feder 4 outubro 2025

O investimento FEDER será do 60% dos proxectos en tódolos casos. Co investimento que aportarán os concellos chegarase a máis de 46 millóns de inversión pública.

Proxectos presentados parao noroeste de Compostela

A bisbarra beneficiarase dos fondos europeos Feder e transformará algúns dos seus espazos urbanos. Compostela é a que acadou a maior inversión, máis de 8 millóns de euros, e servirá para transformar o noroeste da cidade.

Ames presentou un proxecto que inclúe una estratexia alimentaria Km 0 co novo mercado de abastos, a creación dun banco de terras e a formación dos produtores. Hai que engadir unha senda ciclista que conecte o Milladoiro co rural  o a implantación dun transporte público.

No caso da Estrada os fondos iran destinados na súa totalidade ao rural. A intención é humanizar e dotar de servizos e alcalde e arquitecto técnico levan tempo visitando e analizando que zonas serán prioritarias. Mellora nas cunetas e substitucións por sendas peonís, instalación de mobiliario urbano, canalizacións de pluviais e a construción dun centro de servizos sociais son algúns dos proxectos.

Ribeira pola súa banda presentou o proxecto Ribeira Atlántica 2030. O financiamento servirá para reformar o barrio de Banda ó Río convertendo a nave de Cerqueira nun novo espazo social de eventos, a construción dun novo museo ligado ao mundo do mar e un centro Multiusos enfocado en promover a convivencia veciñal. Por outra banda ampliarase e transformarase a praza de Pontevedra, integrándoa co parque de Pedra Pateira ademais da construción dun parking subterráneo para  250 prazas.

Fondos repartidos en toda Galici

Compostela

O Plan de acción integral (PAI) Horizonte Compostela é o que máis financiamento acada superando os oito millóns de euros e presentando un proxecto moi detallado.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, explicou que  “Suporá investir 14,5 millóns na transformación da zona noroeste da cidade para reverter a situación de vulnerabilidade e menor dinamismo”.

Zonas como a Almáciga, Vite e Salgueiriños serán as beneficiadas dos fondos. Sanmartín lembra que o Concello xa está actuando neste ámbito con obras como a reurbanización da rúa García Lorca e ten proxectadas outras accións, como a rehabilitación de cinco edificios municipais en Caramoniña.

O PAI Horizonte Compostela inclúe tres grandes proxectos : Santiago Transforma (enfocado á creación de novos equipamentos sociais, culturais e deportivos e vivenda dotacional), Santiago Accesible  (orientado á accesibilidade urbana, desde un punto de vista integral) e  Santiago Resiliente. (centrado na adaptación ao cambio climático).

As actuacións responden a necesidades funcionais e xerarán contornas máis habitables, resilientes e socialmente equitativas, contribuíndo de maneira significativa aos desafíos que propón a Axenda Urbana Santiago de Compostela (EDIL-AUS) aprobada polo pleno municipal en setembro de 2022, referidos a aspectos como o acceso á vivenda, conservación do patrimonio natural, fortalecemento dos ecosistemas sociais e culturais ou saneamento e abastecemento, entre outros.

Post navigation

Previous: Queixas pola mala execución de obras en Covas, Ames
Next: Padrón quere burros correndo

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.