займ срочно

Este martes comeza a renovación do firme da autovía Santiago Brión

0

Bisbarra, 24 de abril do 2023 – Este martes comezan as obras de renovación do firme na autovía Santiago Brión e na conexión na de Pardiñas coas Galanas.

Os traballos suporán o corte dun dos carrís. A intervención na autovía supón un investimento de cinco coma nove millóns de euros que están asumidos no contrato de concesión de estas estradas. O prazo de execución é de catro meses.

O corte puntual nun dos dous carrís realizarase alternando o tráfico de ambos os sentidos polo carril que estea activo. Estas afeccións ao tráfico estarán debidamente sinalizadas mediante sinalización vertical e nos correspondentes paneis de sinalización variable.

As obras consistirán no acondicionamento do firme de puntos ou zonas singulares da autovía onde exista un deterioro acentuado, mediante o fresado de 5 cm de capa de rodaxe e a reposición de 5 cm con mestura intermedia.

Tamén se procederá ao selado de fisuras transversais e ao estendido de nova capa de rodaxe no tronco, ramais e enlaces. Estas actuacións complementaranse coa posterior reposición da sinalización horizontal e vertical.

A autovía AG-56 Santiago Brión ten unha lonxitude de once coma nove quilómetros e foi inaugurada no ano 2008. Só en este primeiro tramo mantén dobre carril aínda que o constante aumento de tráfico fai cada vez máis necesario que se prolongue ata Noia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies