Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Compostela
  • Vedra
  • Xeral

O Pazo de Santa Cruz, en Vedra, participará no día Europeo dos Xardíns Históricos

Nava Castro, en nome da Xunta de Galicia, participou no acto de adhesión de nove xardíns galegos na Rede Europea de Xardíns históricos.
Pazo de Sta Cruz de Rivadulla 319_SLIDE__w

Bisbarra, 13 de abril do 2023 – Nava Castro, en nome da Xunta de Galicia, participou no acto de adhesión de nove xardíns galegos na Rede Europea de Xardíns históricos.

Da bisbarra de Compostela incorpóranse o Pazo de Oca, a Alameda de Santiago e  Pazo de Santa Cruz de Rivadulla. O de Rivadulla en Vedra abrirá ademais as súas portas dentro dos actos organizados pola Rede o vindeiro 26 de abril, Día Europeo dos Xardíns Históricos.

 Segundo explicou Nava Castro, directora xeral de Turismo, xunto aos mencionados entran tamén a formar parte desta Rede, o Pazo de Mariñán, o Pazo de Rubiáns, o Pazo Quinteiro da Cruz, o Pazo de Lourizán, o Castelo de Soutomaior e o Pazo Museo de Quiñones de León.

Rede Europea de Xardíns históricos

A Rede Europea de Xardíns históricos é unha asociación sen ánimo de lucro, creada no ano 2016, da que forman parte 41 xardíns. O obxectivo é protexer e promover este tipo de espazos. No ano 2020 o Consello de Europa certificou a ruta como un dos seus itinerarios culturais.

Imaxes do Pazo de Santa Cruz de Rivadulla

Conta cun comité científico formado por 12 académicos, científicos ou profesionais especializados nos sectores da cultura e o turismo de cinco países diferentes. Estas persoas representan a súa vez a institucións de toda Europa, entre elas o CSIC español; o Icomos-IFLA, Unesco; a Alliance of World Heritage Cultural Landscapes ou o German Society for Garden Art and Landscape Culture entre outros moitos.

Día Europeo dos Xardíns Históricos

O vindeiro 26 de abril a Unión Europea celebra o Día Europeo dos Xardíns Históricos.  Desde a Rede explican que o obxectivo e poñer en valor “este importante patrimonio verde que todos compartimos. Nesta ocasión destacamos os diferentes eslavóns que configuran as relacións entre todos os xardíns históricos como o artísticos e o botánico, todos nos conectan e explícanos”.

En este enlace tes o programa completo de actividades ao longo de todo o continente, do que formará parte o Pazo de Santa Cruz de Rivadulla en Vedra.

Post navigation

Previous: O concurso de novos talentos Peregrinos Musicais xa ten gañadores
Next: Acusan á Conselleira de Medio Ambiente de “maltratar” ao goberno de Melide

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.