Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Reportaxes
  • Xeral

A Rapa segue a loita dentro e fora do curro

A Rapa das Bestas de Sabucedo trouxo, máis que nunca, visitantes, xornalistas e fotógrafos á pequena aldea estradense.
Rapa-das-Bestas-Sabucedo-2023-slide-12-xullo-2023_7218_r

Bisbarra, 12 de xullo do 2023 – A Rapa das Bestas de Sabucedo trouxo, máis que nunca, visitantes, xornalistas e fotógrafos á pequena aldea estradense.

Tanto o programa de televisión de Jesús calleja, como a defensa do monte feita por Sorogoyen na gala dos Goya, puxeron baixo ao foco unha festa xa coñecida en todo o mundo. A habitual presenza de fotógrafos e cámaras multiplicouse este ano ata encher a bancada prevista para a prensa.

Ao silencio respectuoso cando as bestas entran no curro seguiu outro para escoitar ao presidente da Asociación Rapa das Bestas, Paulo Vicente Monteagudo.  Dirixiuse ao público para lembrar que a loita para evitar a implantación de proxectos eólicos nos montes onde viven as bestas continúa. Que é preciso conseguir canto antes a declaración BIC e que todos temos que empuxar para lograla.

Unha festa que ven do século XVII pero que se miramos aos petróglifos, con imaxes de homes montando bestas, lévanos a varios séculos antes de Cristo. Unhas bestas que conservan intacta a pureza da sangue desde hai centos de anos xa que non se introduciron cabalos de fora en ningún momento. Un patrimonio xenético a preservar en tempos de especes en perigo de extinción.

Un pobo, en definitiva, que garda unha tradición que, en contraposición con outras máis encomiadas, coida dos animais e non só os días da Rapa se non todo o ano. Unha tradición coa que a Asociación Rapa das Bestas conseguiu demostrar que hai outro xeito de facer as cousas e que coidar das bestas e dos montes e coidar do noso futuro.

Post navigation

Previous: Esta fin de semana A Casa de Rosalía Abre a Fiestra
Next: O POS adicional da Deputación suporá para Ames cerca dun millón de euros

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.