Bisbarra, 23 de agosto do 2022 – A preocupación pola seca que pode chegar comeza a facerse visible na bisbarra e algúns concellos comezan a recomendar medidas de aforro de auga.
O concello de Oroso ven de fa fa públicas unha serie de medidas encamiñadas a anticiparse a esa posible seca. O alcalde, Luis Rey, apela á “responsabilidade da veciñanza para realizar un
consumo responsable” e anima a seguir as recomendacións de Viaqua, concesionaria da xestión.
Tras a decisión de Augas de Galicia de ampliar a prealerta para toda a zona do río Tambre, o concello de Oroso decidiu como primeira medida cortar o subministro de agua nas
tres fontes conectadas á rede pública municipal. Tamén vend e reducir o máximo posible o rego das zonas verdes, incluso chegando a cortalo nalgúns casos.
Ademais, de acordo co Plan Especial de Seca da Xunta, o goberno local de Oroso remitiralle periodicamente a Augas de Galicia datos do caudal captado e do caudal subministrado aos usuarios.
Luís Rey tamén informou que a finais da presente semana está convocada unha reunión telemática con Augas de Galicia para avaliar a situación e abordar posibles medidas adicionais que serían necesarias de continuar a situación de seca.
Lembra
Volve a ler a nova que publicabamos a finais de xullo sobre este tema
Ames en situación crítica
O concello de Ames pola súa banda leva tempo advertindo do risco dunha seca e recomendando aos veciños moderación. No mes de xuño conseguiron reducir o consumo nun 7,69% en comparación co mesmo mes do ano anterior. Por desgraza os datos de xullo e das primeiras semanas de agosto mudaron esa tendencia e sitúan o consumo por riba do realizado no 2021.
Desde o concello considérase a situación dos abastecementos “crítica”. De non mudar a tendencia de gasto actual, e tendo en conta que a previsión meteorolóxica non adianta precipitacións, Ames terá que tomar medidas para combater o gasto nos próximos días, como restricións no uso da auga ou cortes controlados no subministro.