Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

A xustiza paraliza o parque eólico do Campelo, en Santa Comba

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, ven de paralizar, de forma preventiva, a execución do parque eólico do Campelo
tsxg-paralizacion-parque-grenalia-slide-5-outubro-2022_r

Bisbarra, 5 de outubro do 2022 – O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, ven de paralizar, de forma preventiva, a execución do parque eólico do Campelo, nos concellos de Coristanco e Santa Comba.

Hai un ano o Consello da Xunta de Galicia concedera a declaración de utilidade pública e autorizara a construción do parque do Campelo. O TSXG anula agora ese acordo e estima o recurso presentado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA, e a Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica, PDCC.

O proxecto está promovido  pola sociedade Greenalia Wind Power Campelo, S.L., en cuxo Consello de Administración se atopa na actualidade a que fora Conselleira de Medio Ambiente co PP, Beatriz Mato.  A impugnación baseouse na fragmentación artificial dos proxectos e nas irregularidades na exposición pública que se reduciu a quince días e na que non se puxo a disposición toda a documentación.

O Auto indica que “non se pode ignorar que os defectos de publicación e audiencia que alega a letrada da actora xa teñen dado lugar á estimación de dous recursos nos que, con fundamento nas mesmas normas, se alegaba tal deficiencia”, referíndose a sendas Sentenzas de 21 de xaneiro de 2022, que declararon a nulidade das autorizacións relativas ao proxecto do parque eólico de Corme G-3 (modificación substancial por repotenciación), igualmente de competencia da Xunta de Galicia.

O Tribunal engade que nin Greenalia nin a Xunta, partes demandadas, conseguen avalar a “imperiosa necesidade de contar co novo parque, nin sequera pola incidencia que vén producindo a menor entrada de gas con ocasión da guerra en Ucraína, determina, que, en orde a valorar os intereses en conflito, teña que inclinarse esta sala por favorecer a protección de medio ambiente e, por tanto, ordear a suspensión cautelar…”. 

As partes demandantes, ADEGA e PDCC, terán que depositar unha garantía de 10.000 euros. A promotora do proxecto pretendía que esa cifra fora unha porcentaxe do orzamento de execución (42.539.763,95 Euros) ou, no seu defecto, o importe xa investido no Campelo (11.930.834,71 Euros). A xustiza entendeu que “a fixación dun importe desproporcionado faría estéril a suspensión que aquí se decreta…”.

Xunto ao de Campelo, a demanda presentouse tamén contra as autorizacións outorgadas para os parques eólicos Bustelo e Monte Toural, igualmente promovidos por Greenalia. Os tres recursos foron interpostos á cargo do Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, campaña de recadación colectiva promovida o ano pasado por seis entidades (ADEGA, SGO, PDCC, a  Mesa Eólica de Las Merindades de Burgos, Bierzo Aire Limpio e a Plataforma para la defensa de los Valles Pasiegos) para iniciar accións xurídicas na defensa do territorio fronte a invasión eólica.

Este Auto constitúe o primeiro éxito xurídico do Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica fronte o actual modelo caótico e desordenado de desenvolvemento eólico, e un precedente moi favorable de cara á consecución da paralización cautelar doutros proxectos eólicos autorizados pola Xunta de Galiza e recorridos nos tribunais.

Post navigation

Previous: Estimado o recurso de Plenoil contra a paralización da instalación dunha gasolineira en Silleda
Next: A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da USC abre de novo os programas para deixar de fumar

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.