Bisbarra, 23 de marzo do 2023 – O Castro Valente volveu ao Parlamento da man do BNG que acusa á Xunta de “inacción” con respecto á protección do xacemento arqueolóxico.
O Castro Valente, situado nos concellos da Estrada e Padrón, volve ao ser o centro das demandas de protección da oposición parlamentaria. Si agora foi o BNG, no 2021 era o Psoe o que solicita a declaración de Ben de Interese Cultural.
En esta ocasión os nacionalistas acusan á Consellería de Cultura de non protexer “o terceiro recinto fortificado galego en lonxitude, de 1500 anos de antigüidade, hoxe ameazado por un proxecto eólico” o deputado do BNG, Luís Bará recriminou ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.
Bará criticou a actitude do Goberno galego “en contraste coa de países europeos e avanzados, como Irlanda ou Escocia, nos que este xacemento arqueolóxico sería considerado un tesouro, estudado e posto en valor”.
Os eólicos que a Xunta planificou para esta zona, dixo, “terán un impacto brutal na contorna deste grande xacemento arqueolóxico”, e aludiu a que a razón detrás da “inacción” do PP neste eido “ é que detrás da empresa que promove o proxecto, Iberdrola, e detrás desta Qatar Holding e Black Rock, que promoven estes proxectos depredadores”. Entidades como Iberdrola, criticou, “na que xente do PP como Fátima Báñez ou Isabel García Tejerina, ambas ex-ministras do PP, que sentan no consello de administración das eléctricas”.
No ano 2020, explicou o parlamentario do BNG, un bulldozer “atravesaba esa muralla de 1500 anos e destruíu unha parte dese xacemento arqueolóxico” nunha obra promovida pola Consellería de Medio Rural, fronte a cal dende Cultura “dixeron que como era competencia de Medio Rural vostedes non podían facer nada, así é como tratan á cultura, como un bulldozer”, acusou á bancada Popular.
Bará recriminou a actitude da Consellería de Cultura na protección patrimonial “deste tesouro arqueolóxico” e declarou que o PP, “entre defender Castro Valente e Iberdrola, escolle esta última”. Actitude, concluíu, que contrasta coa dun BNG “que seguirá defendendo o patrimonio galego fronte aos intereses das eléctricas”.