займ срочно

Maratón de biodiversidade para inventariar a riqueza dos ríos Arnego e Tambre

0

Bisbarra, 25 de maio do 2023 – A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizará o próximo sábado, 27 de maio, un maratón de biodiversidade nos ríos Arnego e Tambre.

Esta iniciativa consiste en realizar un censo exhaustivo das especies de flora e fauna nun tempo reducido. Trátase dunha actividade na que profesionais da ciencia, que estudan distintos grupos de flora e fauna, tentarán identificar o maior número de organismos vivos que habitan no río Arnego e no río Tambre

Os profesionais contarán coa colaboración de todas as persoas que queiran sumarse a este reto e achegar o seu gran de area ao inventario de especies e o descubrimento do patrimonio natural destes espazos.

Da man de especialistas de ADEGA e axudados por persoas voluntarias (afeccionadas ou cidadanía sen coñecementos previos) preténdese recoñecer o máximo número de especies, tanto de animais como de plantas e liques.

Este proxecto de investigación naturalista poderá gozarse durante o próximo 27 de maio, ás 10:30h, no río Tambre e no río Arnego, lugares que serán explorados por todas as persoas que se sumen a colaborar no recoñecemento do máximo número de especies, Así, búscase aprender sobre as técnicas de estudos científicos de campo e documentar plantas, peixes, invertebrados, aves ou mamíferos.

Tamén pegadas, rastros e sinais.

Para participar na xornada é preferible inscribirse con antelación no correo electrónico ramses@adega.gal. Unha vez recibida a solicitude, informarase sobre o punto de encontro concreto.

Un dos obxectivos máis importantes deste BioBlitz é que os datos xeren unha listaxe actualizada da biodiversidade deste espazo natural e que poidan ser utilizados por persoas científicas, xestoras municipais ou pola propia cidadanía, para profundar na biodiversidade dos municipios ou para formar parte de estudos máis detallados.

Unha iniciativa que conta con réplicas

O ‘Bioblitz’ que organiza ADEGA enmárcase no denominado proxecto Fluviatilis, no que participan entidades de diferentes territorios, que tamén convocaron maratóns de biodiversidade dedicadas a observar, describir e identificar a fauna e a flora do seu ámbito de actuación: Asociación de Naturalistas del Sureste (ANSE) en Murcia, Grup de Natura Freixe (GNF) en Catalunya, Fundació LIMNE na Comunitat Valenciana e Red Cambera en Cantabria.

O conxunto de ‘Bioblitz’ que organizan as entidades do proxecto Fluviatilis proporcionará información en tempo real sobre a evolución dos censos, a través da inclusión das citas en diversas apps de ámbito naturalista.

O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies