займ срочно

Os tendidos eléctricos ameazan a bisbarra

0

Bisbarra, 31 de agosto do 2022 – A xeración de electricidade, sexa co método que sexa, implica o seu traslado afectando ao territorio, ao patrimonio e as persoas.

Non fai nin dous meses que contabamos a preocupación de veciños de Padrón pola liña que atravesaría a aldea do Areal. Agora vimos de coñecer que a Xunta de Galicia autorizou este mes o trazado.

Unha liña de alta tensión á que se opoñía, xa no mes de febreiro o Consello da Cultura Galega por afectar de forma directa ao Castro Lupario. O proxecto afecta tamén a Brión e Teo e foi publicado este martes no DOG. Ábrese prazo para un recurso de reposición e posteriormente podería chegarse a un contencioso administrativo.

Non é o único caso porque hai unha semana falabamos do proxecto de Villar Mir Energía dunha liña de cincuenta quilómetros desde Mazaricos a Compostela.  Unha liña de alta tensión que afectaría a Negreira, A Baña e Ames ademais dos concellos de saída e chegada.

Ordes librouse no 2019 dunha liña que contaba tamén coa oposición veciñal e que esta previsto que fora de Gasalla ao Monte Inxerio. Agora, tres anos despois, a saturación de liñas de alta tensión é unha ameaza real.

O voceiro do BNG de Ordes, Pablo Vidal, ven de denunciar que o proxecto LAT Gato-Mesón suporía “a creación dunha nova subestación colectora que recolla a enerxía transportadas por tres novas liñas de alta tensión, denominadas Gato-Mesón, Campelo-Mesón e Gasalla-Mesón”. Para Vidal, “isto suporía poñer unha alfombra vermella a novas limitacións no aproveitamento de numerosas parcelas, nunha zona xa inzada de liñas debido á proximidade da Subestación Mesón do Vento”, e considera como única alternativa “o desdobramento ou a repotenciación das liñas de transporte de enerxía xa existentes, sen crear novas afeccións”.

A este panorama hai que engadir o paradoxo das continúas queixas por microcortes, ou non tan “micro”, no rural. A instalación de puntos de recarga para vehículos comeza a ser unha necesidade cada vez maior. O debate é necesario pero aínda máis urxente é definir as necesidades e planificar como se afrontan para que o patrimonio e a vida dos veciños se vexan o menos afectados posibles.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies