Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Rois
  • Teo
  • Xeral

O informe dun “experto internacional” facilitou a autorización da LAT que cruzará o Castro Lupario

O PSdeG levou de novo ao Parlamento a LAT, liña de alta tensión, autorizada pola Xunta e que afectará ao Castro Lupario,
parlamento-linha-lousame-tibo-slide-24-outubro-2022-(2)_r

Bisbarra, 24 de outubro do 2022 – O PSdeG levou de novo ao Parlamento a LAT, liña de alta tensión, autorizada pola Xunta en agosto e que afectará ao Castro Lupario, á aldea de Angueira de Castro, o Pazo do Faramello, os núcleos de Faramello e Francos e varios petróglifos.

No proceso de alegacións o Consello da Cultura Galega emitira un informe contrario á instalación de este tendido. Esta documentación foi desestimada cun documento redactado por unha “persoa experta de orde internacional” da que nunca se chegou a coñecer a identidade e pola que os socialistas volverán a preguntar ao non atopar resposta en esta ocasión.

Noa Díaz e Anxo Lourenzo durante a intervención

A parlamentaria Noa Díaz explicou na súa intervención na Comisión de Cultura que a  LAT ocasionará un “dano irreparable” nunha zona de alta concentración de xacementos históricos. Na súa primeira quenda de intervención fixo fincapé na autoría de ese informe da Dirección Xeral de Patrimonio contrario ao emitido polo Consello da Cultura Galega.

O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, foi o que acudiu a responder as preguntas da parlamentaria socialista e incidiu en que a impulsora da liña, Red Eléctrica Española, asegurou que as alternativas ao trazado da LAT son aínda máis nocivas e que, de todos xeitos, foron facéndose cambios durante o procedemento.

O Castro Lupario esta inmerso nun proceso para ser declarado BIC, Ben de Interese Cultural, desde hai moitos anos. Esta cuestión centrou unha parte do debate e na segunda quenda Noa Díaz recolleu a declaración de Anxo Lorenzo, que viña de asegurar que o Castro Lupario poderá ser declarado Ben de Interese Cultural pese a liña de alta tensión, para dicir que de ser declarado antes a liña non podería pasar por alí.  

Ante as declaracións de Noa Díaz sobre a terrible incidencia da LAT na zona, Anxo Lorenzo quitou ferro ao asunto na súa resposta e lonxe de explicar a quen pertence o informe que quita valor á zona apelou a el para defender a autorización emitida para a liña de alta tensión.

A cuestión volverá ao Parlamento xa que o Partido Socialista pedirá o informe e coñecer a identidade de ese experto internacional. Por outra banda piden que se retire a autorización outorgada en agosto e que se busque unha solución de inmediato.

Noa Díaz con representantes dos veciños de Rois

Post navigation

Previous: Brión presenta denuncia polo boicot ao alumeado público
Next: Oroso organiza o “Fiadeiro de Outono 2022”

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.