Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Xeral

Este mes comeza o programa de sendeirismo Goza do Ulla

presentacion-goza-do-ulla-slide-normal-3-xunho-2024-(2)_r

Bisbarra, 3 de xuño do 2024 – No marco de Turexpo, en Silleda, foi presentado programa de sendeirismo Goza do Ulla 2024 que ofrecerá 18 rutas pola beira do río.

Goza do Ulla está impulsado polos vinte concellos polos que pasa o río e durará desde este mes ao de outubro. Cada unha das 18 rutas está programada nun Concello bañado polo río que discorre polas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Nesta edición os concello de Dodro e Rianxo, e Vedra e Teo, comparten as súas rutas.

Programa Goza do Ulla 

O programa Goza do Ulla naceu no ano 2011 coa participación de cinco concellos (Touro, Boqueixón, Vedra, Santiso e Arzúa). Trece anos despois toman parte 20 municipios de tres provincias: Lugo Pontevedra e A Coruña.

Son os concellos da Estrada, Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón, Palas de Rei, Pontecesures, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra, Vila de Cruces e Vilagarcía. 

O primeiro de estas camiñadas terá lugar o día 29 en Valga baixo o nome de “Entre telleiras e outros comercios” e de 16 quilómetros. O 6 de xullo Dodro e Rianxo compartirán a ruta “As Brañas tres cruces” con 14 quilómetros de percorrido.

Ao día seguinte, 7 de xullo, Monterroso acolle “A pena do corvo e muíño do alemán” de 5 quilómetros. A última cita de xullo será en Boqueixón co “Roteiro de pescadores” de 9,6 quilómetros.

As citas continuarán ata o mes de outubro e iremos dando boa conta delas.

Post navigation

Previous: O Reitor da USC obrigado a suspender o Consello de Goberno
Next: Xunta e concello de Oroso traballan na remodelación da avenida da Grabanxa

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.