Bisbarra, 21 de maio do 2020 – O Delegado do Goberno Central en Galicia, Javier Losada, mantivo unha reunión telemática cos responsables da Demarcación de Carreteras, Ángel González, e da área de Fomento, Ana Quintairo.
O Goberno Central executa na actualidade 21 obras en toda a rede de estradas en Galicia. O investimento total supera os 336 millóns de euros aos que hai que engandir algo máis de 37 en licitacións.
Na reunión analizáronse a reactivación das obras paralizadas pola crise do Covid19. Tamén se valorou o traballo dos medios de viabilidade invernal do Ministerio de Transportes que colaboraron coa desinfección de vías públicas en 40 concellos, algúns na bisbarra como Oroso ou Negreira.
Obras na bisbarra
Na bisbarra de Compostela o Goberno Central retoma a execución da A-54 Autovía Lugo-Santiago, no tramo Palas de Rei a Melide que conta cun orzamento de máis de 70 millóns de euros. Enn esta mesma autovía tamén se reactiva o tramo Melide a Arzúa que conta con 86 millóns de orzamento.
Ademais continuarán os traballos na rotonda da Foca en Sigüeiro
Licitacións
En canto á tramitación de licitacións se retoma a do orbital de Compostela, o enlace da Autoestrada do Atlántico coa Autovía de Lavacolla que completará a unión de ambas as dúas infraestructuras en todos os sentidos.
Por outra banda está tamén en licitación os traballos de mantemento da SC-20, o coñecido como periférico de Compostela entre o pk 0+000 e o 10+350 que dependen do Ministerio.