займ срочно

Folgas que acaban e outras que comezan

0

Bisbarra, 24 de maio do 2023 – Desde hai semanas as folgas entraron en campaña e mentres que unhas rematan, a de limpeza en Ames, outras comezan como a do SAF de Boqueixón.

Os concellos afectados polas folgas acostuman a considerar que hai algo de loita política si se fan tan cerca dunhas eleccións. Os traballadores explican que é en estes momentos cando máis visibles se fan.

Outro dos debates, permanente e irresoluble, é o papel dos concellos nos casos en que o servizo o presta unha concesionaria. Si as condicións recollidas no contrato se compren o concello pouco pode facer pese a que os veciños sempre se dirixirán a el para reclamar solucións.

Un exemplo é o caso de Ames. Onte pola mañá o alcalde, Blas García, pedía que se chegara a unha solución e apuntaba a motivacións políticas en declaracións a Radio Galicia

A última hora da tarde o xornal La Voz de Galicia publicaba que empresa e traballadores chegaban a un acordo.  

Paro en Boqueixón

En este caso foi un día só de folga no Servizo de axuda no fogar de Boqueixón pero non se descarta que se repita. As reclamacións de esta xornada de folga son económicas pero deixan ver, unha vez máis, o principal problema para as traballadores dos distintos servizos de axuda no fogar.

Si se comparan as condicións dos SAF dos concellos estás dependen moito dos pregos de condicións con que son adxudicados os distintos servizos. Unha simple cuestión como o pago dos desprazamentos ás vivendas dos usuarios atopa distintas solucións, algunhas moi precarias.

No caso de Boqueixón o servizo esta pendente de volverse a licitar. Desde o concello xa explicaron que as demandas das 20 traballadoras estarán recollidas nos pregos e que, polo tanto, o parón de onte ten “carácter electoralista”.

Quedan aínda tres días de campaña así que non podemos descartar máis sorpresas en forma de folgas ou paros puntuais. Polo menos ata finais de ano non haberá posibilidade para os traballadores de facerse tan visibles.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies