Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

XII Festival Atlántica

festival-atlantica-slide-14-xunho-2024-(1)_r

Bisbarra, 14 de xuño do 2024 – Do 1 ao 7 de xullo celebrarase a decimo segunda edición do Festival Atlántica de narración oral, o máis importante da Península Ibérica.

O Festival Atlántica desenvolverase en 30 sedes, cinco das cales están en Portugal convertendo ao evento en transfronteirizo. Na bisbarra, ademais de en Compostela, pasará por Teo, A Estrada, Ribeira, A Pobra, Brión, Dodro, Outes e Rois.

No Festival Atlántica participarán 50 artistas de España e Galicia pero tamén de Brasil, Cuba, Italia, Portugal ou Xapón. 45 espectáculos e 90 funcións nas 30 sedes do evento.

Atlántica é un ente cultural flexible, que se adapta a públicos e espazos diversos. Un exemplo paradigmático deste comportamento é a descentralización do programa en Santiago, sede principal de Atlántica, onde as funcións urbanas conviven coa aposta decidida por barrios, lugares e parroquias do extenso rural do concello.

Na rolda de prensa participaron Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; Míriam Louzao, concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica do Concello de Santiago; e Soledad Felloza, directora de Atlántica. Ademais, tamén acudiron ao evento Evelyne López Mussons, coordinadora de Atlántica en Portugal, e numerosos representantes de concellos, asociacións e colectivos colaboradores do festival.

Míriam Louzao puxo o acento sobre a capacidade de Atlántica para “facer transcender os contos do ámbito infantil programando actividades diversas para todos os públicos” en numerosos puntos de Santiago, comparándoos con “portos nos que recalará esta marabillosa travesía”.

Pola súa banda, Natividade González gabou o labor do festival “na conservación do patrimonio inmaterial” e a súa habilidade para logralo “con actividades que non só ofrecen entretemento, senón tamén espazos para a reflexión e a aprendizaxe”.

Na súa intervención a directora Sole Felloza salientou “a ledicia e o esforzo que supón a consolidación de Atlántica como un evento transfronteirizo coa programación en cinco aldeas da Serra do Xerés”, que fai deste encontro “un dos poucos eventos das artes escénicas da Península que programa ao longo de sete días a unha beira e outra da raia”.

Escaparate das múltiples oralidades

Mais Atlántica 2024 non esquece a súa función reivindicadora da narración oral como disciplina artística, ben sexa coa programación de propostas de La Chana Teatro como a montaxe Pisando el llano, espectáculo inaugural, ou a singular Blancanieves, na que todas as personaxes son lámpadas, peza multipremiada que no 2023 acadou o Max ao mellor espectáculo infantil e xuvenil.

Haberá tamén espazo para as estreas Contar para vivilo, de Cándido Pazó, Contos de revolución. Entre Brassens e Neira Vilas, de Dani Blanco, Contos, cantos e outros tantos, da portuguesa Ana Sofía Paiva e as Lendas suburbanas de Quico Cadaval. E seguirá a aposta polos contos de terras afastadas e bañadas por outros mares, como as historias de fino humor de Yoshi Hioki e tamén pola potencia narrativa da terra e da que é bo exemplo o Premio Nacional Paula Carballeira.

Festival Atlántica volverá transitar pola senda da narración oral como disciplina híbrida, facendo fincapé na boa maridaxe entre contos e música. Unha mestura que está a dar moi bos resultados entre o público infantil —2004-2024-Grandes éxitos de Caxoto ou Son animal de Paco Nogueira—, pero tamén co público adulto, como demostrará Su Garrido Pombo ao clausurar o festival con Patio de luces.

Sole Felloza

Contar o territorio

Non podía faltar nesta edición un dos formatos que acompaña a Atlántica dende o primeiro ano: os roteiros narrados. A colaboración con axentes locais expertos permite amosar o poder das historias como xeito de transmitir e dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial. Este ano haberá en Santiago unha ruta en bicicleta polos castros da bisbarra e mais un percorrido polo petróglifos da Devesa da Rula e polo románico do rural. Reivindicarase tamén o legado da Igrexa de Vilar de Donas da man de Carola Casal e Carme Varela con 800 anos das Giocondas galegas, Guillermo Llorca guiará pola escultura urbana de Ferrol e José María Eguileta paseará pola evolución urbana de Ourense, por citar algunhas das doce actividades programadas.

Fiel á súa filosofía, Atlántica segue a amosar a súa faceta integradora: mantén o seu compromiso coas persoas con discapacidade auditiva programando funcións con interpretación en lingua de signos, regresará á aula de pediatría do CHUS e, como novidade desta edición, desenvolverá unha experiencia particular ”silandeira” con colectivos con TEA e TDH.

Post navigation

Previous: Boqueixón recollerá este domingo o “Lume sagrado”
Next: O ruído segue preocupando en Compostela

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.