Bisbarra, 11 de xullo do 2023 – A tradicional Festa do Escalo que se celebra cada ano en Chaián, adiántase este ano ao domingo día 16 sendo a apertura das festas do Apóstolo que comezan o 20.
Nun comunicado a Sociedade A Venatoria de Santiago explica que se atopa nun proceso electoral. A xestora engade que debido a esta circunstancia decidiu adiantarse a celebración da XLVII edición do concurso de ciprinidos e a III Edición do Torneo dá Chave Festa do Escalo.
A festa organízase como cada ano co patrocinio e colaboración do Concello de Trazo e o Concello de Santiago, unha festa conxunta entre dous concellos e que están dentro do programa das Festas do Apóstolo, aínda que por motivos das Eleccións Xerais a Xestora da Venatoria decidiu adiantalas a este domingo 16 de Xullo.
Os concursos celebraranse pola mañá de 9-00 horas a 14:00 horas, dando paso pola tarde ás 15:00 horas a Romaría Galega: con Xantar Campestre, Grupos Folclóricos e atraccións para nenas e nenos.
Ao mesmo tempo queda aberta a inscrición para o concurso de pesca deportiva e o Xantar Campestre e quen queira participar pódese anotar no número de teléfono : 618 165 856.