Bisbarra, 1 de marzo do 2017 – Rematou Don Carnal e xa se ve ao fondo Dona Cuaresma. Os concellos da bisbarra celebraron un ano máis o Entroido con obradoiros para os cativos, festas, concertos e concursos para tódolos gustos.
Ainda queda porque o sábado e sábado de piñata, o domingo terá lugar a Festa da Filloa en Lestedo e a semana seguinte a da Filloa a Pedra en A Baña pero o virar a pel e poñer por fora, en moitos casos, o que levamos por dentro queda xa para o Entroido 2018. Moitos pensarán que do ano que ven non pasa sen disfrazarse e, como en todo, algún tamén pensará que nunca máis.
Cada ano crecen o número de participantes e o Entroido vai recuperando pouco a pouco o que foi en tempos. A continuación unha mostra en imaxes do que se viviu na bisbarra, sen premiados nin postos, como no deporte o importante é participar.
[ngg_images source=”galleries” container_ids=”1″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”600″ gallery_height=”400″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”3″ show_thumbnail_link=”1″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” slug=”entroido2017″ order_by=”filename” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]