Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • eleccions 2023
  • Xeral

Eleccións 23: semana de presentacións

A medida que se acerca maio os partidos van pechando listas, unha oportunidade para facer actos públicos nos que valorar o apoio que van conseguindo mesmo entre os seus.
eleccions slide 2

Eleccións 23, 18 abril – A medida que se acerca maio os partidos van pechando listas, unha oportunidade para facer actos públicos nos que valorar o apoio que van conseguindo mesmo entre os seus.

BNG Ames

O BNG de Ames aínda non fixou data para o acto pero si que fixo pública toda a candidatura. O candidato, David Santomil, levará no 2 e o 3 ás concelleiras Natividad González e Escarlata Pampín. Segundo Santomil é unha lista “reflexo da sociedade amiense” ademais de estar avalada e consensuada coa militancia.

Presentacións para elixir

Tamén en Ames, o PP vai anunciado unha lista que despois de incorporar ao actual concelleiro de Ciudadanos, José Ramón Oulego, agora presenta a Ana Coto como número 2 despois da candidata Oliva Agra. Coto vive en Bertamiráns desde o ano 2000 e traballa na Xunta de Galicia desde hai 27 anos, na actualidade nos servizos xurídicos do SERGAS. A lista será presentada este mércores no Pazo da Peregrina a partir das oito da tarde.

Goretti Sanmartín

En Compostela o BNG tamén celebrará o seu acto público este mércores , oito e media, na Sala Capitol, un lugar que estase a converter no epicentro dos actos electorais. A candidata, Goretti Sanmartín, di que ““Este evento de presentación da candidatura vai servir para coñecer o equipo que temos preparado para transmitir o moito que pode gañar Santiago co BNG no goberno municipal”.

O venres 21 tamén presentará candidatura outra agrupación do BNG, en este caso a de brión. A candidatura está encabezada polo actual responsábel local e concelleiro Xosé Luís Penas Corral. O acto terá lugar na Casa da Cultura de Brión a partir das oito e media da tarde.

Xa na próxima semana, o día 25, será a quenda do Proxecto Común de Teo que substitúe a Son de Teo. María López leva no último posta da lista a o actual alcalde Rafa Sisto que abandona a política en primeira fila. A cita na Carballeira de Luou, se non chove, e se non no local social A Mamoa.

Post navigation

Previous: A Festa da Troita avanza o seu programa
Next: Compostela aproba unha licitación de transporte que non convence á oposición

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.