Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Noia
  • Xeral

O corredor Brión Noia podería estar desdobrado no 2027

xunta-asfaltado-autovia-slide-brion-24-abril-2023_r

Bisbarra, 25 de febreiro do 2025 – A Xunta de Galicia aprobou no Consello de este luns o proxecto de trazado da primeira fase de desdobramento da autovía Brión Noia.

Un tramo de case 10 quilómetros no que se investirán 29 millóns de euros. Esta primeira fase de conversión en autovía supón o 60 % da lonxitude de 18,2 km da VAP Brión-Noia, aproximadamente.

Cada calzada disporá de dous carrís de 3,5 metros, que darán continuidade ás características da vía no tramo Santiago-Brión, e realizaranse modificacións na conexión coa autovía Santiago-Noia para adaptar o trazado existente á nova autovía.

Unha parte dos traballos complementarios xa están realizados. En eles incluíronse a maior parte das obras de paso, ou a plataforma final con sección de autovía, ademais das estruturas dun paso inferior no punto 11+945 e do viaduto de Naveira.

A aprobación definitiva deste proxecto por parte do Executivo autonómico comporta tamén a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar esta intervención.

O proxecto ten por obxectivo converter en autovía o treito comprendido entre os quilómetros 11+640 e 21+300, realizándose o desdobramento para a autovía cara ao lado esquerdo da vía de altas prestacións CG-1.5, polo que se manterá a estrutura actual ao situarse no lado contrario do carril lento.

Deste xeito favorécese que se poida manter a funcionalidade durante o transcurso das obras. A estrada proxectada polo Departamento de Infraestruturas da Xunta no desdobramento será para cada calzada de dous carrís de 3,5 metros, beiravías de 2,5 metros exterior e 1 metro interior, e disporá de mediana de 3 metros entre bordos de beiravía das plataformas contiguas, dándolles continuidade ás características da autovía no tramo Santiago Brión.

No marco das obras que se acometerán realizaranse algunhas modificacións na conexión coa autovía Santiago-Noia (AG-56), co obxecto de adaptar o trazado existente á nova autovía. Unha das modificación consistirá na reconstrución dos noiros do desmonte na marxe esquerda en dirección Noia, para obter o ancho necesario para a nova sección.

Actualmente o treito obxecto do proxecto de trazado da VAP Brión-Noia conta con dous enlaces a distinto nivel, Urdilde e Martelo, e cun ramal de incorporación a nivel en Gundín, sentido Santiago.

Os dous enlaces conservaranse, sendo obxecto do desdobramento a execución definitiva dos ramais da calzada para desdobrar, pero o ramal de Gundín desaparecerá coa ampliación da calzada pola imposibilidade física de conservalo co desdobramento da vía.

Os enlaces deste novo treito de autovía estarán en Urdilde, no punto quilométrico 15+400, a 3,4 quilómetros do anterior enlace en Brión, e en Martelo, no punto quilométrico 18+930, a 3,53 quilómetros do anterior enlace. No caso do viaduto de Naveira, proponse unha ponte xemelga á existente, coa peculiaridade de que os pilotes de 1 metro de diámetro dos estribos xa están executados. O viaduto terá 7 vans de 40 metros de luz entre eixes de pilas. Estas serán fustes octogonais ocos. O taboleiro terá unha anchura de 11,50 metros.

Post navigation

Previous:  Acusan ao goberno de Ames de ”maltrato político”
Next: Compostela prepárase para municipalizar os aparcadoiros das prazas de Vigo e Galicia

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.