?????????????????????????????????????????????????????????
Bisbarra, 3 de xullo do 2020 – A Deputación da Coruña ven de adxudica o Plan de Conservación de Vías Provinciais 2020 por un total de 5,4 millóns de euros.
O Plan de conservación adxudicado pola Deputación divide as estradas en 36 grupos e cinco zonas que recibirán traballos de mantemento, reparación do firme e pavimentación ao longo do ano nos 2.100 quilómetros dos que consta a rede.
Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta con outro programa destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais. Dende 2017 estes traballos son obxecto dun contrato independente do Plan de Conservación co obxectivo de mellorar e axilizar este servizo. O obxectivo en este caso é mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.
O orzamento dos programas de Conservación e de rozas das estradas provinciais suman un investimento duns 4.000 euros anuais por quilómetro para manter nas mellores condicións as estradas a provincia.
