займ срочно

Ecoloxistas e Xunta de novo nos xulgados polos eólicos

0

Bisbarra, 28 de abril do 2023 – O Conselleiro de Industria, Francisco Conde, confirmou no Parlamento a autorización administrativa previa para 75 proxectos eólicos. Un 63% dos solicitados en xaneiro.

A autorización previa dos proxectos eólicos motivou unha resposta inmediata da Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA, que avanzou unha batería de denuncias xudiciais. Nas vindeiras semanas os ecoloxistas comezarán tamén unha campaña de recadación solidaria para facer fronte aos custos dos contenciosos.

A decisión da Xunta prodúcese co remate do prazo fixado polo Estado para que as CC.AA. concederan as autorizacións administrativas previas a aqueles proxectos de renovábeis coa DIA (Declaración de Impacto Ambiental) favorábel e aínda en tramitación. Nestas circunstancias atopábanse en Galiza ducias de parques eólicos sobre os que a Xunta tiña que resolver.

Agora a Xunta terá que dar autorización de construción, antes do vindeiro 25 de xullo, aos 75 proxectos que estes días serán publicados no DOGA como posuidores de autorización previa. ADEGA di que estas autorizacións fixéronse “sen unha axeitada avaliación ambiental e sen aval social”.

Repasa todo o que levamos públicados sobre eólicos no seguinte enlace

A Asociación avanza que as denuncias irán primeiramente sobre os proxectos eólicos “que teñan un impacto máis significativo sobre o patrimonio natural e cultural, nomeadamente os situados a carón da Rede Natura”. Trataríanse dos situados en áreas ambientalmente sensíbeis, como as serras orientais dos Ancares e o Courel, o Macizo Central, o Suído, a Ribeira Sacra e aqueloutros con maior impacto sobre hábitats e especies protexidas, paisaxe ou patrimonio.

ADEGA iniciará unha campaña de recadación solidaria para facer fronte aos custos das demandas. Un modelo de colaboración similar ao que se levou a cabo en outubro do ano pasado e que conseguiu que o TSXG paralizará a construción dos parques de Bustelo e Campelo. O Tribunal mesmo considerou que non era preciso que os ecoloxistas presentaran fianzas económicas na demanda, como pediran as empresas, polo que as doacións foron finalmente devoltas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies