Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación e a Cámara de Comercio na procura do emprendemento

deputacion camara de comercio SLIDE 21 maio 2025

Asinan un convenio no que promoverán o emprendemento en 32 concellos da comarca. A iniciativa da Deputación e a Cámara de Comercio contempla asesoramento, formación e captura de financiamento.

Cámara de Comercio e Deputación asinan unha alianza encamiñada á procura e apoio en 32 concellos da comarca. UN proxecto que nace baixo o nome de “Fomento do emprendemento e a actividade empresarial da provincia”.

O documento foi asinado na sede do organismo provincial polo presidente da Deputación, Valentín González, e a presidenta da Cámara de Comercio, María Pais. Un acordo que se nutrirá do financiamento do Plan de Emprego Local, PEL, Da Deputación.

A iniciativa supón un investimento de 69.375 euros, dos que a Deputación achegará o 80% (55.500 euros) e pretende apoiar a posta en marcha de novos negocios na comarca de Santiago para crear emprego de calidade, xerar riqueza e lograr un maior desenvolvemento socioeconómico.

 O obxectivo principal é contribuír á creación e consolidación de empresas, fomentar o autoemprego e proporcionar axuda para que mozos e mozas, sobre todo do rural, poidan desenvolverse na súa terra.

Valentín González explicou os tres eixes nos que se asenta o plan “Esta alianza coa Cámara de Comercio de Santiago supón un paso máis na aposta da Deputación pola creación de emprego e o apoio ao empredemento, que se desenvolverá en tres ámbitos: o primeiro accións dirixidas aos centros de ensino secundario, bacharelato e formación profesional para que a mocidade vexa o emprendemento como unha vía con posibilidades para o seu futuro; o segundo vai dirixido ás persoas emprendedoras, ás que se lle ofrecerá asesoramento nos seus proxectos para que se consoliden e expandan do mellor xeito posible; e o terceiro e último consistirá nun servizo de apoio para que esas pequenas empresas logren acceder a diversas liñas de financiamento”.

A presidenta da Cámara, María Pais, destacou o compromiso da Cámara “co fortalecemento do tecido empresarial e a promoción do crecemento empresarial e o emprego da demarcación cameral, traballando en estreita colaboración cos axentes clave do territorio, como é a Deputación, polo que agradeceu o compromiso compartido para lograr un desenvolvemento socioeconómico sostible e equitativo”

Este proxecto ten un marcado carácter supramunicipal pois o seu ámbito de actuación esténdese a 32 concellos (A Baña, Ames, Arzúa, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Carnota, Dodro, Lousame, Mazaricos, Melide, Muros, Negreira, Noia, O Pino, Outes, Padrón, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Touro, Toques, Vedra e Vilasantar).

Por último, tanto a Deputación como a Cámara de Comercio insisten en que a importancia de accións coma esta radica na capacidade de crear e consolidar empresas como unha das formas máis eficaces de loitar contra o desemprego.

Post navigation

Previous: Melide acolle a presentación do proxecto “Soidade non desexada en persoas maiores”
Next: Dodro e o colectivo Remonte organizan a 5º Andaina Nocturna Bisbarra do Sar

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.