Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

25N, unha vez ao ano

25N-slide-20-novembro-2024_r

Bisbarra, 20 de novembro do 2024 – Unha vez o ano, o 25N, todos os concellos fan bandeira da loita fronte a violencia de xénero. As que traballan cada día dentro dos problemas avisan que non chega, pero polo menos é un paso na boa dirección.

Imaxen de Caitlin Johnstone en Pixabay

Este 2024 non é unha excepción e os municipios da bisbarra, e a mesma Compostela, organizan distintos actos para visibilizar a loita contra a violencia de xénero que algúns se empeñan en negar. Precisamente Compostela pon o foco nos que miran de esguello, cun lema que apela a mirar a realidade e pasar á acción “se non queres ser cómplice, mellor implícate”.

Lecturas de manifesto a actos de todo tipo

Todos os concellos lerán en algún momento un manifesto contra a violencia de xénero, un documento que recolla o sentir de todo o municipio. A maiores os actos reivindicativos veñen celebrándose todo o mes e seguirán en algún caso ata decembro.

Dodro constituíu hai uns días a Mesa local de coordinación Interconstitucional fronte a violencia de xénero, con este son xa máis de 50 os concellos da provincia que a teñen constituída e na que participan todos os que poden facer algo. Dodro crea ademais desde hoxe o “Xardín dos valores”, plantacións de árbores e plantas por todo o concello para simbolizar o nacemento da vida.

Negreira opta por algo necesario en toda este problemática: falar. Organiza este venres un debate sobre “A violencia de xénero desde unha perspectiva global”, a partir das 10:00 horas no Auditorio Afonso Eanes do Cotón. Entrada aberta ó público en xeral.

Padrón pola súa banda ten, desde este luns, iluminados de color lila os monumentos do municipio, un xeito de visibilizar a loita fronte a violencia de xénero. O venres 29 na praza da Igualdade acollerá o acto central da campaña do 25N coa representación da obra “Mariposas en el aire” e a entrega dos premios do IV Certame de debuxos.

Silleda comezou este luns unha serie de obradoiros en colaboración coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar). Estes talleres levan por nome ACTIVA-DAS e están dirixidos a mulleres discapacitadas do municipio. O obxectivo é o recoñecemento e fortalecemento das  capacidades das persoas participantes,  a súa autoestima e autocoidado e reforzarán procesos de apoderamento individuais e colectivos.

Interesante resulta tamén a cita do 5 de decembro en Teo. Unha peza de Estibaliza Veiga que leva por título GOLPES. Pamela é unha moza que ven de sufrir violencia machista. Pamela xa pode falar dos golpes que recibiu. Pamela namorou crendo nos postulados do amor romántico. Pamela expón como foi entrando, nese círculo , e cuestiona como en España todo segue a ser desigual para homes e mulleres. Pamela recibiu moitos GOLPES , pero o máis grande foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase por onde foi golpeada.

Touro decidiu asumir o lema da ONU para este ano “Cada 11 minutos asasínase a unha muller no mundo #NoHayExcusa.ÚNETE, para poñer fin á violencia contra as mulleres”. Ao mesmo tempo centra parte da programación na educación dos máis pequenos e este xoves, na biblioteca municipal de 17:30 a 18:30 horas, asistirán a unha representación baixo o título “Empacho de amor: Que te queiran menos, pero que che queiran ben”.

Val do Dubra opta pola procura da creatividade entre a veciñanza, mesmo a máis nova xa que a idade de participación comeza nos 12 anos. O concurso, baixo o nome “Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero do Concello de Val do Dubra”, pretende converter os lemas en símbolos de cambio, mensaxes que cheguen a unha ampla audiencia e inspiren a rexeitar esta lacra social.

Son só algúns exemplos do que ofrecen os concellos para lembra este 25N e a problemática que o motiva. Recomendámosvos que olledes as webs dos vosos concellos e participedes nos actos que se celebren. Tamén que o lembredes o resto do ano porque cada día vemos que precisamente un día só non chega.

Post navigation

Previous: 8 concertos en 3 días no Outono Códax Festival
Next: O goberno de Ames recoñece os problemas de mobilidade no polígono do Milladoiro

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.