Bisbarra, 27 de novembro do 2023 – Non hai tanto tempo que a conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, 25N, era algo ó reservado ás grandes vilas e non todas.
Por sorte a necesidade de visibilizar esta lacra estendeuse por todo o mundo e todos os concellos preparan unha programación especial para o 25N. Xa sexan andainas, charlas, campañas de visibilización ou eventos pensados para as familias o certo é que todo a bisbarra tínxese de violeta en esta xornada.
Bancos para sentarse que visibilicen o problema, andainas nas que conversar e debater sobre como solucionalo, espectáculos de maxia que falan de inclusión e igualdade, merendas que compartir ou lecturas de manifestos. O 25N encheu unha vez máis de actividades que podedes ver nas imaxes de este reportaxe.
A continuación tamén tedes, como unha mostra de outros moitos, o manifesto que o venres pasado líase na praza do Obradoiro de Compostela. Manifestos que foron aprobados nas distintas corporacións municipais por unanimidade. Todos os grupos sen excepción apoian as reivindicacións do 25N e iso, vendo o que pasa en outros sitios, é para estar orgullosos do lugar no que vivimos.