Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Os concellos próximos a Palas mobilizaranse contra ALTRI

concellos contra altri SLIDE 20 marzo 2025

Melide, Arzúa, Toques, Agolada e Santiso únense “en defensa do medio ambiente, o benestar e a economía das comarcas”

Os alcaldes de dos cinco municipios mantiveron unha reunión para consensuar un calendario de accións de rexeitamento de ALTRI. Os municipios consideran que “a DIA positiva da Xunta de Galicia non pecha a porta á posibilidade de frear o proxecto pola súa incompatibilidade cos criterios europeos de protección ambiental”.

José Manuel Pérez (Melide), Xoán Xesús Carril (Arzúa), Luís Calvo (Agolada), José Ángel Penas (Toques) e Manuel Adán (Santiso) compartiron no transcurso desta reunión a preocupación existente nos concellos polo impacto que sobre o medio ambiente, o benestar xeral da veciñanza e a economía local ao longo da conca do río Ulla terá a instalación desta macrocelulosa.

A xuntanza tivo un carácter preliminar e de posta en común para deseñar unha estratexia conxunta en defensa dos municipios afectados pola fábrica. Os Concellos levarán a cabo accións de forma coordinada con este fin, adaptados á realidade e o grao de materialización do proxecto en cada momento.

Os municipios afectados recordan que “O proxecto aínda debe superar unha avaliación DNHS (Do No Significant Harm ou “non causar un prexuízo significativo”). Trátase dun criterio fundamental dentro das políticas ambientais da Unión Europea para garantir que ningunha actividade financiada con fondos europeos cause un impacto negativo significativo.

Sen esta avaliación, a fábrica de ALTRI non debería poder acceder a fondos europeos. Os alcaldes de Melide, Arzúa, Toques, Agolada e Santiso comprométense neste sentido a explorar todas as vías e cominar a todos os niveis administrativos a cumprir coas obrigas medioambientais en defensa da saúde da veciñanza e do medio.

Do mesmo modo, os rexedores lamentan “a escasa transparencia que sobre ALTRI practica a Xunta de Galicia, en especial coas administracións locais dos territorios afectados. Por parte do Goberno galego téñense desatendido as peticións de información e a posibilidade de manter xuntanzas para coñecer de primeira man as características do proxecto e trasladar as inquedanzas da veciñanza perante as institucións autonómicas”.

Post navigation

Previous: A Sala Capitol celebra 90 anos
Next: VII edición do Pasabares na Pobra

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.