Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Ames
  • Brión
  • Compostela
  • Negreira
  • Padrón
  • Xeral

Segue a construción dos gobernos municipais

Hoxe venres hai previstas reunións de cara a formar gobernos ou acordos de mandato de cara ao día despois da toma de posesión dos alcaldes.
negociacions-slide-9-xunho-2023_r

Compostela e bisbarra, 9 de xuño do 2023 – Hoxe venres hai previstas reunións en distintos concellos de cara a formar gobernos ou acordos de mandato de cara ao día despois da toma de posesión dos alcaldes.

En xeral as conversas son cordiais aínda que hai concellos nos que nin se producen nin se esperan, como é o caso de Brión no que o Psoe terá un goberno en minoría ao ser a lista máis votada.

Compostela

O mércores o BNG reuníase con Compostela Aberta xa coa entrada no goberno enriba da mesa. Avances significativos que non se concretan nas declaracións pero que camiñan cara a unha integración antes do 17.

Onte xoves foi a quenda do Psoe. O posicionamento é o mesmo, unha vez garantida a investidura as conversas avanzan sobre temas concretos da cidade. En este caso os socialistas piden serenidade e explican que as decisións que tomen serán polo ben da cidade.

Mentres todo isto sucede o Partido Popular reunía a súa executiva e Borja Verea insistía no feito de que a cidade “non votou un goberno de seis concelleiros”. Verea engadiu que “son coñecedor de que a Lei permite esta situación tan surrealista pero o sentido común non; e estou convencido de que esta falta de seriedade e responsabilidade terá as súas consecuencias”.

Padrón

En Padrón está garantida a toma de posesión do socialista Anxo Arca como novo alcalde co apoio da concelleira do BNG Beatriz Rei. A nota de prensa emitida para confirmar o acordo de investidura era única, cos logotipos dos partidos, o que da idea da boa sintonía.

Hoxe venres continúan as conversas. Anxo Arca avanzou que era partidario de gobernar en minoría con acordos puntuais pero non pecha ningunha porta polo que todas as opcións están sobre a mesa.

Ames

En Ames ambos equipos negociadores, BNG e Psoe, parecen apostar por un goberno estable. Nas conversas non participan os candidatos Blas García e David Santomil. Todo apunta a un goberno similar en número de concelleiros ao actual, 13, pero no que os nacionalistas pasarían de ter tres concellerías a contar con cinco.

A Baña

A Baña é outro concello no que tanto Psoe como BNG mostraron a súa boa disposición a que goberne a esquerda. Dase a circunstancia de que a número un do BNG era a número dous do Psoe cando se produciu a moción de censura que rematou co goberno socialista. Esta circunstancia convida a pensar que as diferenzas son máis de matices e que non debería existir grandes problemas para chegar a un acordo.

Os dous partido interpretan os resultados como unha aceptación dos veciños de que o traballo realizado ata a moción de censura foi bo. O Psoe quedouse de feito a 19 votos do Partido Popular.

Negreira

As conversas en Negreira retoman tamén hoxe venres. Non haberá dificultade para que Manuel Ángel Leis sexa elixido de novo alcalde e quedará por decidir si o BNg intégrase no equipo de goberno ou prefire quedar fora e dar apoios puntuais.

Post navigation

Previous: O Ateneo de Santiago pide un goberno “sólido e maioritario”
Next: Autorizado o cambio de titularidade da AC-543 en Brión

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.