Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O magnetismo das regueifas, volve “Enreguéifate”

compostela-enregueifate-slide-10-outubro-2024_r

Bisbarra, 10 de outubro do 2024 – As regueifas son algo noso que durante anos estivo perdido entre a falta de coidado do patrimonio inmaterial e a necesidade de recuperación. O certame “Enreguéifate” chega a súa oitava edición demostrando o seu magnetismo.

O lema de esta edición “Puro magnetismo” é claro: “Enreguéifate” atrae a todo o mundo, moitos dos nosos mellores rapeiros comezaron así a súa carreira e os máis novos o están a facer tamén.

Os máis vellos ven recuperarse unha tradición vinculada non só á música, tamén á retranca, a competencia entre aldeas, a un xeito de ser galego que se entende sobre todo sendo galego; unha redundancia necesaria.

O “Enreguéifate” está impulsado desde o principio polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo. Na rolda de prensa todos coincidiron en votar de menos a participación da Xunta de Galicia nun certame tan galego.

O programa de actividades da oitava edición inclúe accións formativas para escolares e profesorado e un certame regueifeiro aberto á improvisación oral de toda a cidadanía.

O “Enreguéifate” reivindica o valor da improvisación oral en verso, a regueifa, como unha das expresións máis representativas da poesía popular oral galega e como unha vía para fomentar o uso da lingua galega, especialmente entre a mocidade.

A alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín; o rexedor de Ames, José Blas García Piñeiro; o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Demetrio Gómez Xunqueira; a concelleira de Lingua de Teo, María Vázquez Rey; e Lupe Blanco, regueifeira e formadora do Enreguéifate, quen deu comezo ao acto regueifando, deron a coñecer todos os detalles desta nova edición. Á presentación asistiron, ademais, responsables de normalización lingüística dos concellos impulsores.

“Enreguéifate, puro magnetismo!” é o lema desta oitava edición que dará comezo cun obradoiro de formación para profesorado. Terá lugar o venres, 18 de outubro, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas de Carballo, da man de Manolo Maseda, Séchu Sende, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira. Unha actividade gratuíta para a que está aberta a inscrición até o 15 de outubro a través da web do “Enreguéifate”.

Prazo e categorías do certame regueifeiro

Con esta oitava edición do “Enreguéifate” volve tamén unha das súas citas imprescindibles, o certame de regueifas en vídeo. O prazo para participar estará aberto entre o 20 de xaneiro e o 20 de marzo de 2025. A inscrición poderá realizarse desde a páxina web do Enreguéifate, onde están xa dispoñibles as bases completas do certame.

As persoas interesadas en participar deberán enviar un vídeo no que aparezan, como mínimo, dúas persoas regueifando en galego e cunha duración máxima de 3 minutos. Este ano amplíanse de seis a oito os premios por cada unha das categorías, a xeral, aberta a calquera persoa; e a escolar, para alumnado dos centros educativos galegos non universitarios.

Así, amais dos xa tradicionais regueipremios para a regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada, este ano tamén haberá galardóns para a regueifa máis inclusiva e a máis entroideira.

Os galardóns entregaranse nunha gala que este ano volverá ser un fin de festa conxunto dos proxectos Enreguéifate e Regueifesta.

Post navigation

Previous: Comeza Galicreques que en esta edición concede o premio de honra a “Tatán”
Next: Árbores, estradas cortadas, ríos e regatos desbordados… Kirk deixou pegada

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.