Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Negreira
  • Ordes

Os colexios seguen pedindo reformas

Sesión constitutiva IX Lexislatura

Sesión constitutiva IX Lexislatura

Bisbarra, 05/11/2026 –  O Parlamento de Galicia recibirá novas demandas de arranxos integrais para colexios da bisbarra. Serán en este caso os CEIP Castelao de Ordes e  O Coto de Negreira. Queixas que se veñen repetindo desde hai meses.

Por unha banda será o grupo socialista o que leve á Comisión 4º de Educación e Cultura, a situación do CEIP Castelao de Ordes. O PSdeG di que “a situación do CEIP Castelao de Ordes é especialmente preocupante. Trátase dun centro cunha infraestrutura que conserva, en boa parte, os materiais orixinais cos que foi construído nos anos 50, o que evidencia a necesidade dun proxecto serio de modernización e posta ao día”.

Os socialistas recollen demandas da ANPA referidas ao estado da fontanería, con incidencias graves nos baños ou irregularidades na calidade de auga; ou  o deterioro do pavimento do patio, que presenta riscos evidentes para o alumnado e dificulta o seu uso en condicións seguras durante boa parte do ano.

O centro precisa ademais melloras urxentes en materia de accesibilidade universal, xa que mantén barreiras arquitectónicas e carece de elementos de accesibilidade cognitiva e sensorial. A isto súmase a necesidade dunha revisión en profundidade das cubertas, debido á preocupación existente pola posible presenza de amianto e ao evidente desgaste dos materiais actuais.

Todas estas deficiencias, sumadas ao deterioro xeral do inmoble, fan inviable calquera actuación parcial. O CEIP Castelao precisa unha intervención integral, programada, financiada e executada pola Xunta de Galicia, que permita asegurar que o centro cumpre cos estándares mínimos dunha educación pública de calidade no século XXI.

O Coto en Negreira

O outro caso que chegará ao Parlamento e o do CPI O Coto de Negreira. A deputada nacionalista e agra concelleira en Santiago Saleta Chao, nonn é a primeira vez que denuncia a situación do CEIP O Coto de Negreira e volveu a denunciar a situación no pleno do Parlamento.

Trátase, segundo explicou, dun centro con máis de cincuenta anos nun estado “dramático”, pois non cumpre “os estándares aceptables en pleno 2026”. Entre outras deficiencias, Chao, aludiu ás “deficiencias estruturais” do edificio, con buratos nas portas, zonas de patio nas que non se pode xogar porque non son seguras, problemas na fontanería, unha instalación eléctrica que falla todos os días e varias veces na mesma xornada, áreas inaccesibles e ata un ascensor con escaleiras.

Chao lembrou que hai seis meses o BNG xa preguntou polo estado deste CEIP no Parlamento e que desde entón o único que fixo o Goberno do PP foi poñer “escusas” e  facer “anuncios” sobre os que nin se avanzou no verán nin aparecen sequera reflectidos nos orzamentos da Xunta para o ano 2027,nos que no hai ningunha partida para este centro.

“Non sei como non se lles cae a cara de vergonza”, reproboulle ademais ao conselleiro, a quen afeou volver ao Pleno como mesma resposta escrita de hai seis meses. “É vostede o máximo responsábel da Consellería e vén aquí a facer o mesmo en todos os plenos: botar balóns fóra e deixar en evidencia a súa inutilidade do seu Goberno para dar resposta a necesidades básicas”, criticou.

Post navigation

Previous: San Martiño 2026
Next: Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

foto manuel martínez ONCE
5 minutes read
  • Compostela

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE na Galiza: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.