Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Este venres será outono

Na madruga de este venres, as 3:40 horas, comezará o outono e durará ata o vindeiro 21 de decembro.
Outono-slide_114615_r

Bisbarra, 22 de setembro do 2022 – Na madruga de este venres, as 3:40 horas, comezará o outono e durará ata o vindeiro 21 de decembro.

O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, explica que no outono “estamos en datas nas que teoricamente a noite e o día teñen a mesma duración, de aí a orixe da palabra equinoccio coa que se coñecen estas épocas do ano”.

Entre os fenómenos astronómicos máis salientables deste outono o responsable do Observatorio destaca a choiva de estrelas Xemínidas, unha das máis importantes do ano. Terá o seu máximo o 14 de decembro, agardándose poder observar ata 150 meteoros/hora na noite dese día. Outras choivas de estrelas, como as Dracónidas e Oriónidas de outubro ou as Leónidas de novembro presentarán moita menor intensidade.

Meteoroloxía

As choivas da primeira quincena de setembro corrixiron en parte o déficit hídrico dos meses anteriores, afirma o profesor Docobo. No cómputo total do verán rexistráronse sobre Santiago un total de 196,2  litros/m2, “que logo da forte seca sufrida converteuse globalmente nun verano bastante normal dende o punto de vista pluviométrico, pero con choivas concentradas ao final da estación”.

Segundo o investigador, “houbo veráns moito mais secos no presente século, como o de 2016 (con 72,4  l/m2), e sobre todo o de 2010 con só 54,8  l/m2”. Tampouco o bimestre xullo-agosto bateu récords de seca. Os 23,2 l/m2 correspondentes a estes meses de 2022 foron superiores aos 13,8  l/m2 do mesmo período de 2016. Este período de meses fora especialmente seco nos anos 1981 (6,7  l/m2) e 1969 (3,1  l/m2).

Aínda así, dende o Observatorio universitario destacan as cifras que dan conta da seca experimentada a estas alturas do ano, con tan só 670 litros/m2 de precipitacións rexistrados na capital de Galicia a falta de pouco máis de tres meses para rematar o ano, cando media anual é de 1.800 l/m2 e no ano máis seco (2007) rexistráranse 1.200 l/m2.

Polo que atinxe ás temperaturas, o verán que remata deixa 19 días con máximas superiores aos trinta graos na comarca compostelá, destacando a calor abafante dos días 12 (39°2) e 14 (39°4) de xullo. Tamén as mínimas, sen bater récord, foron especialmente severas neses mesmos días ao non baixar dos 23°.

Como explica o profesor Docobo, a media das temperaturas máximas de xullo con 28°7 “é unha marca histórica, estando moi preto tamén a de agosto con 27°5”. Porén a temperatura máxima absoluta segue a ser a de 20 de xullo de 1990 con 40°3, seguida dos 39°7 do 12 de agosto de 2003.

Post navigation

Previous: Queixas polo mal servizo de Abanca en Touro
Next: Ler conta moito ofrece en Silleda un obradoiro de Podcast

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.