Bisbarra, 5 de decembro do 2024 – Chegada a época de Nadal en case todos os concellos organízase unha carreira, San Silvestre, do Turrón, unha andaina…; reforzando unha tradición que se remonta a 1925 en Brasil.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/12/negreira-carreira-do-turron-normal-4-decembro-2024_r.jpg)
Casper Libero era un brasileiro que o día de fin de ano de 1924 viu en París unha carreira con antorchas e pensou que era unha bonita tradición. Ao ano seguinte a organizou no se país e púxolle o nome do santo do día San Silvestre.
Co tempo acabou fundando un xornal deportivo, xa tiña un de novas, que patrocinaría a carreira e a faría internacional. A partir de aquí en todo o mundo comezaron a organizarse carreiras de todo tipo en fin de ano.
Imos correr, andar ou o que toque
A bisbarra, e a propia Compostela non escapa estes días á tradición aínda que as datas as veces mudan. En Negreira a San Silvestre chámase a Carreira do Turrón e será o día 28 a partir das catro e media da tarde. Nesta sexta edición vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 metros da categoría Biberón ata os 4.000 metros dos Adultos, nunha xornada de festa, onde o menos importante é o resultado. A inscrición é gratuíta e, para participar, só tes que anotarte no enlace https://goo.su/tZaY . O derradeiro día para anotarse é o xoves 26 de decembro, ás 14:00 horas.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/12/a-banha-san-silvestre-normal-5-decembro-2024_r.jpg)
Compostela chega a súa onceava edición da San Silvestre. Aquí si será o día 31 e a partir das cinco e media da tarde, con saída e chegada na Praza do Obradoiro. Poderán participar tanto deportistas federados como non federados, que nacesen en 2011 e anteriores, e deberán rexistrarse a través das páxinas web de carreirasgalegas.com e atletismo.gal. O prazo de inscrición concluirá o xoves 26 de decembro, ás 23.59 horas, e o prezo será de 4 €.
A Baña tamén pasará a tarde de fin de ano correndo pero sen competir. O importante é pasalo ben, disfrazarse, percorrer os catro quilómetros e chegar á chocolatada, os agasallos e as pre badaladas que o concello ofrecera. A inscrición é gratuíta e todas as persoas que queiran participar tan só deberán enviar un correo a deportes@concellodabana.gal ou un wasap ao número de teléfono 669 368 413, indicando nome, apelidos, idade, DNI e número de teléfono, antes do 28 de decembro. Os menores de 12 anos deberán correr na compaña dunha persoa adulta.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/12/teo-san-silvestre-solidaria-normal-4-decembro-2024_r.jpg)
En Padrón a San Silvestre convértese nunha carreira solidaria. Será o 31 a partir das cinco e ten a particularidade de que se pode completar andando, correndo ou en bicicleta. Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto responsable e a distancia a percorrer, con saída e chegada no Espolón, será de 5,7 quilómetros. As inscricións realizaranse o propio día da carreira, desde as 15:45 horas ata 10 minutos antes do inicio. Para participar, será necesario doar un quilo de alimentos non perecedoiros, que se entregarán no posto de Cáritas Padrón habilitado no paseo do Espolón.
En Teo tamén hai carreira solidaria aínda que a organiza a Sociedade Recreativa San Xoán de Calo, coa colaboración do concello. En este caso celebrarase o día 28 e non, non é unha inocentada xa que o recadado irá para a Fundación Andrea. A carreira sairá desde o campo de Rebordelo ás 16.30 horas da tarde, sendo o prezo de inscrición de cinco euros. Poderán inscribirse a través da páxina emesports.es.
Lousame organiza unha proba máis “profesional” que sen chamarse San Silvestre coincide nas datas e as intencións. Trátase dunha Andaina Solidaria, este ano con Valencia, e un Trail. A Andaina Solidaria / Belén de Cumes terá lugar o sábado 14 de decembro e custará 6€, que serán doados a prol das persoas damnificadas pola dina de Valencia. O Trail de Lousame terá lugar o domingo 29 de decembro e ofrece 300 prazas na versión curta (14 km e 8€) e longa (25 km e 12€). As persoas que desexen participar xa poden anotarse para a Andaina e o Trail, hai ademais un lugar específico para o PequeTrail
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/12/lousame-san-andaina-1240x827.jpg)
Como vedes hai onde elixir, ao lado de casa ou nos concellos veciños. Estes son só algúns exemplos pero con busquedes nas redes ou na web dos vosos concellos atoparedes máis propostas. Nas páxinas de inscrición que tedes máis arriba tamén veñen xa reflectidas moitas das carreiras que se celebrarán. O que se trata é de pasalo ben que, tal como vai todo as veces, non é un mal plan,