Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Árbores, estradas cortadas, ríos e regatos desbordados… Kirk deixou pegada

borrasca-kirk-teo-slide-10-outubro-2024-(2)_r

Bisbarra, 10 de outubro do 2024 – A borrasca Kirk deixou pegada na bisbarra e en Compostela. Só na capital tiveron que atender máis de cen incidencias e algunhas están aínda sendo reparadas.

Padrón

Kirk pegou forte na comarca do Sar na que algunhas aldeas de Rois e Padrón foron anegadas e a auga chegou a entrar en algunhas casas. Outras zonas cercanas como Dodro, pese á gran cantidade de auga caída e o desbordamento de regatos, aguantaron moito mellor.

Os principais efectos do temporal tiveron que ver coa caída de árbores en tódolos concellos. Caídas que ademais do perigo implícito que supoñen, danando edificios e vehículos particulares, obrigaron a cortar varias estradas.

Os ríos tamén foron os que notaron máis a Kirk xa que o nivel de auga que levaban creceu ata desbordarse en moitos casos. Na zona de Negreira podíase ver o encoro do Tambre (nas imaxes) botando fora milleiros de litros de auga. Na Ponte Maceira o río tamén baixaba cheo e a ponte aguantaba a duras penas.

Dodro
Dodro

As queixas en algúns concellos, como Dodro, producíronse porque o 112 recollía, pese a que recollía as demandas de axuda, non era capaz de asignar recursos. Tiveron que ser na maioría dos casos os empregados municipais os que resolveran os problemas e mesmo, como sucedeu en Dodro, as brigadas contra incendios acudiron no seu día libre a votar unha man.

En Teo as emerxencias foron coordinadas pola policía local e contou con persoal de obras, parques e xardíns e augas de Teo ademais de protección civil. Desde o concello onte pola tarde levaban atendidas arredor de 80 incidencias. Na maioría dos casos caídas de árbores; en algún casos, como sucedeu en Ameneiro, caeron sobre vehículos particulares por sorte sen danos persoais.  

Teo

Tamén caeu un poste de formigón de telefonía en Cantoña, tendo que cortarse esa estrada e quedando varias luminarias afectadas. O forte vento ademais arrancou un par de marquesiñas en Regoufe.

Teo
Padrón
Compostela
Compostela

Compostela foi das cidades máis afectadas de Galicia. Entre as dúas da madrugada e as once da mañá os bombeiros tiveron 53 saídas. Caídas de árbores con cortes de estradas, teitos levantados como o do conservatorio, espazos anegados… As incidencias foron constantes en toda a cidade.

Kirk deixa un mal recordo en toda a comarca pero sobre todo deixa a sensación de que o inverno que está por chegar pode ser moi duro, pensando ademais que o outono acaba aínda de comezar.

Encoro do Tambre
Ponte Maceira

Post navigation

Previous: O magnetismo das regueifas, volve “Enreguéifate”
Next: Negreira reforzará a xestión de residuos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.