Bisbarra, 28 de maio do 2020 – As distintas bibliotecas dos concellos, Xunta e Universidades volven pouco a pouco a vida, na última semana, adaptándose aos novos tempos e aos novos protocolos.
As bibliotecas e museos dependentes da Xunta de Galicia comezaron a funcionar o pasado día 18 pero agora todo o que se devolva pasará unha corentena de 14 días. Os museos comezaron tamén o día 19 celebrando na rede o seu día e abrindo cunha limitación do tercio do aforo. Os arquivos seguen pechados pero manteñen a atención telemática, reservando a atención presencial para casos imprescindibles e baixo cita previa.
A BUSC
A BUSC, a Biblioteca da Universidade volveu onte a abrir retomando o servizo de préstamo a domicilio a través de cita previa. As persoas interesadas en recoller ou devolver libros deberán solicitalo a través da papeleta electrónica dispoñible nesta ligazón.
A BUSC reabre parcialmente este servizo exclusivamente para os membros da comunidade universitaria da USC. Nun primeiro momento os puntos de atención serán dous: a Biblioteca Xeral no Campus de Santiago e a a Intercentros, no Campus de Lugo. A Biblioteca Intercentros incorporarase un pouco despois, tan pronto estea en disposición de abrir as súas instalacións.
A bisbarra
Pouco a pouco os concellos retoman tamén os servizos e falamos dalgúns exemplos das medidas que se van tomando.
En Vedra por exemplo non se farán actividades culturais, de estudo en sala ou de préstamo
interbibliotecario. Non se poderá facer uso dos equipos informáticos, será obrigatorio o uso de xel hidroalcólico, fixarnase marcas no chan e o aforo redúcese ao trinta por cen. Pódese pedir cita ou consultar dudas no no 981 502 262.
Teo abriu tamén o acceso as bibliotecas do Grilo en Cacheiras e do Tilos. O acceso será individual e con cita previa e os menores de 14 anos necesitan acompañamento dun maior. Os libros devoltos tamén pasarán corentena. Os teléfonos de contacto en este caso son os seguintes: mañá : 981 80 64 00 tarde : 881 064 128.
Negreira optou por facer o seu propio comezo por fases. Esta semana está recollendo os libros pendentes de devolver para que fagan a corentena, O horario é de 10 a 14 horas, e de 16 a 21 horas. Non será ata o 1 de xuño cando comece a funcionar o servizo de préstamo de libros solicitándolle os títulos ao persoal da biblioteca. Polo de agora, non están en servizo as actividades de estudo-lectura en sala, nin tampouco o acceso á biblioteca.
Melide comezou esta semana cun aforo reducido ao 30% e tamén un horario menor dende as 9h e ata as 14h. Entre os servizos dispoñibles para os socios e socias atópase o préstamo e a devolución, mantendo sempre a distancia de seguridade ao realizar a consulta, será o persoal da instalación o encargado de recoller e entregar os materiais prestado.
Pouco a pouco todas irán volvendo a normalidade, seguro que despois de este confinamento valorase moito máis o traballo que fan.