Bisbarra, 12 de setembro do 2019 – A Asociación Arela e a Consellería de Política Social desenvolven un programa de acollida de adolescentes que cumpren medidas educativas baixo o nome de Convive.conmigo.
Desde a asociación búscase atopar familias dispostas a acoller adolescentes que teñen que cumprir medidas xudiciais. Convive.conmigo capta, avalía e forma a esas familias para que despois realicen a acollida nas mellores condicións. Arela realiza ademais un acompañamento durante todo o proceso de acollida.
Estas familias servirán no ámbito xudicial servindo de recurso ao xulgado para que esta poida recoller nas súas sentenzas a medida de convivencia en grupo educativo. Este tipo de sentenzas obrigan a un/unha adolescente a vivir noutro contexto familiar diferente ao de orixe, tratando de reconducir a situación que o/a levou a un Xulgado de Menores, facilitándolle un entorno de socialización positiva co fin último de evitar unha reincidencia futura.
A duración aproximada dunha medida de convivencia oscila entre 6 meses e un ano, tempo durante o cal o/a adolescente debe convivir con esta nova familia (ou persoa) de tal xeito que se lle ofreza un entorno no que aprender/modificar aquelas condutas que foron motivo de denuncia. No momento de comezo de cumprimento da medida xudicial, asínase un contrato e dende a Xunta de Galicia finánciase esta convivencia.
As funcións que corresponden a este programa consisten en captar, formar e avaliar ás persoas que se interesen en participar, ademais de realizar un acompañamento durante o cumprimento da medida xudicial.
Durante o proceso de avaliación e formación, realizaranse múltiples entrevistas, mínimo unha visita domiciliaria e varias sesións formativas tanto de índole grupal como individual. Podese atopar máis información na web da Asociación Arela http://www.arela.org/Noticias/programa-convive.html