Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

O Entroido da Baña repartirá un total de 3.350 euros en premios

O Concurso de  Entroido da Baña, que se desenvolverá na tarde do sábado 17 de febreiro, repartirá un total de 3.350 euros en premios
a-banha-entroido-slide-22-xaneiro-2024_r

Bisbarra, 22 de xaneiro do 2024 – O Concurso de  Entroido da Baña, que se desenvolverá na tarde do sábado 17 de febreiro, repartirá un total de 3.350 euros en premios entre os mellores disfraces nun total de catro categorías: carroza, comparsa, grupo e individual.

As inscricións estarán abertas ata o mércores 14 de febreiro e poderán facerse a través da sede electrónica ou presencialmente no Rexistro Xeral cubrindo o formulario correspondente. O desfile, que adoita concitar numeroso público, percorrerá as rúas Castelao e Tedelle a partir das 16.30 horas e os participantes contarán con cinco minutos para actuar diante da escola de música Emilio Andújar.

Carrozas (formada por un mínimo de sete persoas que deberán desfilar enriba dun móbil) e comparsas (integrada por un mínimo de sete persoas que concorran co mesmo motivo) levarán os premios máis suculentos: 900 euros a primeira, 400 euros a segunda e 150 a terceira. Os grupos (de entre 2 e 6 persoas) optan a dous premios de 150 e 100 euros, respectivamente. Por último, os tres mellores disfraces individuais serán galardoados con 100, 60 e 40 euros.

O xurado valorará vestiario e maquillaxe, a utilización de material de refugallo, a orixinalidade, a posta en escena e a chamada á participación do público.

As inscricións están xa abertas e as persoas interesadas poderán facelas cubrindo as formularios correspondentes e presentándoos tanto a través da sede electrónica do Concello da Baña como  presencialmente no Rexistro Xeral en horario de atención ao público. A recollida de dorsais poderá facerse o venres 16 no Concello ou ben o día do desfile a partir das 15.00 horas.

As bases, os formularios de inscrición e as autorizacións para menores poden descargarse na páxina web do Concello da Baña.

Post navigation

Previous: O concello de Santa Comba aproba o convenio do persoal laboral
Next: Padrón acolle unha mostra arredor do 150 aniversario do ferrocarril en Galicia

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.