Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

As bicicletas son para o verán e Santiago para congresos

compostela congreso bicicleta SLIDE 23 xunho 2025

Compostela acolle o 21º Congreso Ibérico Da Bicicleta. Santiago recibe grandes expertos estatais e internacionais en mobilidade arredor e con bicicletas.

O 21º Congreso Ibérico da Bicicleta e a Cidade comeza este vindeiro xoves en Compostela. Catro plenarios, máis de 85 ponencias, talleres prácticos e visitas técnicas conforman o programa do evento, que se celebrará no Auditorio de Galicia e na Facultade de Filoloxía.

Bicicletas

O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, presentou o programa organizado por Conbici, a coordinadora en defensa da bici, e pola Federación Portuguesa de Cicloturismo e Usuarios da Bicicleta, co apoio de Composcleta.

O presidente desta asociación, Faustino Gómez, tamén participou na rolda de prensa, xunto con Pablo Amenedo, subdirector xeral de Ordenación do Transporte, e Carmen Pita, directora de Promoción de Turismo de Galicia.

Duro destacou que a celebración deste Congreso en Santiago “é un orgullo para o Concello, pero tamén unha oportunidade para aprender da experiencia doutras cidades e dos coñecementos de grandes expertos”. O concelleiro reiterou  a aposta que fai o Goberno local pola mobilidade ciclista “como chave para termos unha cidade máis sostible e máis acolledora para as persoas”.

Tanto o subdirector xeral de Ordenación do Transporte como a directora de Promoción de Turismo de Galicia destacaron o apoio da Xunta a este Congreso, dentro da súa vontade de fomentar o uso da bicicleta, tanto como medio de transporte sostible como no que tén que ver co cicloturismo e o ecoturismo.

Catro plenarios con figuras internacionais

Xan Duro presentou os catro grandes plenarios “nos que participarán persoas que son referenciais no ámbito da mobilidade ciclista en todo o mundo”. O primeiro deles, baixo o título “Pedaleando cara a empatía: reimaxinando espazos máis inclusivos nas nosas cidades”, correrá a cargo de Melissa Bruntlett, autora canadiense afincada nos Países Baixos que é unha das voces máis inspiradoras do ciclismo urbano internacional, e autora de libros clave para entender a mobilidade con perspectiva humana e de xénero.

O segundo plenario estará centrado na Política integral ciclista no desenvolvemento interurbano, e contará coa participación, entre outras expertas, da directora de Transición Ecolóxica da Deputación Foral de Guipuzkoa, Mónica Pedreira Lanchas.

“As bicicletas sí son para Galicia” é o título do terceiro dos plenarios do Congreso, a cargo de Iria Vázquez de Catro Ventos Editora; e por último, no último dos catro grandes plenarios, falarase de exemplos de boas prácticas internacionais, con Henrik Lundorff Kristensen, que exporá a experiencia de Copenhague; e Marie Joly, que falará da experiencia francesa.

O presidente de Composcleta, tamén destacou a programación complementaria ao propio Congreso, cunha reunión da Rede Europea Clean Cities, e cunha xornada de formación ciclista que se celebrará o 25 de xuño.

Faustino Gómez explicou que a día de hoxe xa hai máis de 200 persoas inscritas no Congreso, “que será unha oportunidade para facer un cambio modal en Santiago, aprendendo das estratexias e das realidades doutros lugares do mundo”.

Todo o programa do congreso así como o formulario para realizar a inscrición pode atoparse na web https://congresoiberico.conbici.org/

Post navigation

Previous: A Real Filharmonía presenta a tempada do 30 aniversario
Next: Lousame aproba os Orzamentos para 2025

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.