Silleda, 26 de outubro do 2021 – O concello de Silleda acolle grazas ao programa FalaRedes a representación da obra Bernarda de Malasombra Producións.
A vita o domingo 7 de novembro en Bandeira, a partir das sete da tarde, no auditorio Manuel Dopazo. A obra Bernarda está inspirada no clásico de Lorca A casa de bernarda Alba. A aposta de Malasombra Produccións acadou varios premios Maria Casares o pasado ano e foi candidata a mellor espectáculo nos Premios Max a nivel nacional.
Protagonizada polas actrices galegas Luisa Merelas (coñecida por ter participado en series como Matalobos, e películas como Fariña e premio Maria Casares á mellor actriz en 2017): Celia González (que acadou o pasado ano o María Casares á mellor actriz secundaria con esta obra) e Esther Aja, a obra está escrita e dirixida polo autor naronés José Luis Prieto, que ten no seu haber varios premos Max.
O texto, para público adulto, traslada a escea á Galicia de 1975. A peza arranca cun plantexamento moi parecido ao da célebre obra de Lorca: unha muller queda viuva e imponse na casa o loito máis estrito. O conflito xeracional entre pais e fillos está tamén presente nesta obra, na que Luisa Merelas, unha das actrices galegas máis recoñecidas da súa xeración, da vida a esta Bernarda galega, nunha proposta na que tampouco falta o humor negro. A entrada ao espectáculo será libre ata completar aforo. Está recomendada para público adulto (a partir de 14 anos).