Compostela, 3 de febreiro do 2021 – A pandemia obrigou á Real Filharmonía de galicia a cancelar todos os concertos pero seguirase disfrutando das súas interpretacións.
A Real Filharmonía decidiu compensar esa falta de novos concertos recuperando cada xoves, a partir das oito e media da tarde, unha selección de actuacións anteriores e gravacións que a orquestra ten no seu arquivo.
Este xoves, 4 de febreiro, a Real Filharmonía de Galicia emitirá por streaming a Sinfonía núm. 7 e a Sinfonía núm. 8 de Beethoven. Ambas as obras foron gravadas o pasado mes de xullo no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.
Este concerto poderá seguirse a través das redes sociais da orquestra, en particular do seu Facebook e da súa canle de Youtube, e tamén a través da plataforma Tolemias.