Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Os obradoiro de emprego, colaboración e aprendizaxe

mancomunidade-ordes-obradoiro-dual-de-emprego-slide-21-outubro-2024_r

Bisbarra, 21 de outubro do 2024 – Os obradoiros de emprego creceron en toda a bisbarra como un recurso que permite ensinar ao tempo que, en moitos casos, axuda a empregar aos estudantes.

Imaxe dos alumnos do anterior obradoiro de emprego de Ordes

Os concellos de Negreira, Val do Dubra e Santa Comba) aposta pola formación nun obradoiro de emprego en limpeza de espazos abertos, instalacións industriais e operacións auxiliares de revestimentos continuos.

A Mancomunidade de Ordes pola súa banda repite a fórmula dun obradoiro de emprego dual que en esta ocasión centrarase en formar en pintura industrial e colocación de elementos de carpintería.

En ambos os dous obradoiros de emprego o número de prazas dispoñibles é de 20. O prazo para inscribirse no da Barcala remata mañá martes e faise por medio da oficina de emprego. Leva por nome Rexenera 2024.

No caso do obradoiro da Mancomunidade de Ordes o prazo de inscrición é máis amplo e rematará o vindeiro día 28. Farase tamén a través da oficina de emprego, de xeito telemático ou na sede física da mesma en Ordes.

O Obradoiro de Emprego da Barcala terá unha duración de 9 meses. Os destinatarios deste Obradoiro deberán ter unha idade igual ou superior aos 18 anos. O alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz Méndez, destaca que “desde o

Concello asumimos unha vez máis a promoción dun obradoiro de emprego, co dobre beneficio que isto supón. Por unha banda, permitirá a varios veciños e veciñas do municipio adquirir formación e, posteriormente, facilitar a súa incorporación ao mercado laboral. Por outra, as accións desenvolvidas terán un impacto directo no territorio, xa que se centran en dúas liñas de formación de especial interese para a comunidade, das que tamén poderemos desfrutar no noso concello”.

No caso da Mancomunidade de Ordes o programa formativo terá tamén unha duración de nove meses e, durante o mesmo, o alumnado-traballador realizará unha parte teórica e tamén unha práctica que se materializará por medio de traballos nos municipios da Mancomunidade.

Para dar continuidad á última edición do taller, as persoas participantes seguirán traballando no proxecto de rehabilitación da antiga estaciónferroviaria da Pontraga (Ordes). Pola outra, poñerán en práctica todo o aprendido durante as sesións coa execución de traballos na estación de Trasmonte (Oroso) e nos locais sociais dos concellos da comarca.

Post navigation

Previous: Búsquedas de colaboración entre Teo e a Denominación de Orixe Rías Baixas
Next: Andaina do Terror 2024

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.